mércores, 22 de abril de 2020

RECOMENDO UN LIBRO III



Seguimos recomendando!



Comezamos coa recomendación de Tania, La diversión de Martina: fin de curso en el paraíso. Madre mía, unha viaxe de fin de curso as Maldivas, nin máis nin menos!Son a única que quere saber de qué aventuras fala Tania? No seu debuxo móstranos unha serea, habrá sereas no libro? Ten moi boa pinta esta recomendación, queda anotada en libros pendentes de ler.



Grazas Tania 💙

Turno de Xoel, que nos recomenda a historia de Babe, el cerdito valiente, e paréceme unha recomendación marabillosa. Aquí si que falo con coñecemento, tiven a fortuna de ler este libro. Cóntanos Xoel que o debedes ler porque é un libro de fantasía, eu engado que é un libro emocionante e que é capaz de chegar ao profundo dos corazóns.  



 Grazas Xoel 💙

Violeta decántase por un de misterio, no que aparecen zombies e fantasmas. Co que vos gustan a vós esas cousas, seguro que en canto poidades o quereredes ler! E paréceme unha moi boa idea porque, según o que nos conta Violeta, Martina axuda ao pantasma, e... que bonito é axudar verdade? 
A min picoume a curiosidade e busquei para saber máis do libro, déixovos a portada 😄




Grazas Violeta💙

Andrea recoméndanos Trenfugiados, un libro que nos conta a realidade de moitas persoas que fuxen da guerra. Só co que conta Andrea na sinopse do libro é suficiente. Eu xa o considero un libro que TODOS deberíamos ler. 



Grazas Andrea 💙



Emilie tamén nos trae un libro que parece contar a historia de moitas familias que perden as súas casas, A batalla da pequena Chañan Curi Coco. Ten pinta de ser un libro que nos pode ensinar moitas cousas, o que seguro que nos ensina é a valorar o que temos e a pensar no valiosos que podemos ser para axudar aos demais.


Grazas Emilie 💙


E ata aquí por hoxe 💖💖.
Mañá máis 😍😍
ATA MAÑÁÁÁÁ

martes, 21 de abril de 2020

RECOMENDO UN LIBRO II


A publicación que todos queríades ler, xa está aquí!

Comezamos coas recomendacións.

Marta recoméndanos, Elige tu estrella. Logo de ler o que  escribíu corrín a buscalo, e sabedes que? Que ela recomendounos este pero podemos ler varios da mesma serie. A pregúnta que lle lanzo a Marta é, que orde seguimos para ler? Comezamos polo primeiro ou é igual? 
A combinación de amigas, casa da árbore e aventuras só pode dar como resultado un LIBRAZO.

Grazas Marta💜


Pablo recoméndanos Un tren cargado de misterios.  Atópome cos ollos como platos, sete caixas azuis, e ti, que o liches, sabes o misterio de todas! Que sortudo! Alguén máis no blog sabe de que se trata ou é Pablo o máis sabio sobre o tema?(de sabelo debedes gardar o segredo) Ganas infinitas de ser sabia coma ti!


Grazas Pablo💜
É o momento de Antía.  É unha recomendación super científica! A cantidade de aventuras que deberon vivir ao coñecer a todos eses xenios da ciencia.  Xa o teño engadido á lista de libros pendentes, quero poñerme na pel de Mayden ou Natalia e vivir todo o que elas viviron. 


Grazas Antía 💜


Daniela recoméndanos Diario de Greg 2: La ley de Rodrick. Cando lin o que escribiu Daniela xurdíume unha necesidade moi grande de saber que lle pasou ao pobre Greg! E Rodrick, conta o incidente? Cóntao sen querer ou querendo? Estou desexando saber, e se vós tamén só tedes que lelo!



 Grazas Daniela 💜

Martín Saavedra propónnos unha lectura de aventuras Supernormal.  Cando lin o que escribíu Martín sentín un pouco de peniña por Murph, non debe ser doado cambiar tanto de cole, pero por outro lado intrigoume saber que pasa ao entrar nunha escola con superheroes! E, como a curiosidade matou o gato, busquei información, e atopeime que Martín fíxonos un agasallo múltiple porque o seu libro ten máis partes! Xa podemos saber que pasa con Murph e os seus novos compañeiros!
Grazas Martín 💜


Guays eh? Pedazo de lectores teño na aula! Que marabilla! E como molan tanto vou deixar que disfrutedes deles! 
E non, hoxe vouvos deixar coa mel non beizos e non vou poñer máis 😂😂😂
Tócavos agardar a mañá!




Ata mañááááá! 💖💖

Galego e Matemáticas



Bo e feliz martes meus queridiños!
 Que tal vos vai?
Aí vai o traballo de hoxe:
Lingua Galega:
Imos repasar o sentido literal e o figurado. 😀



MATEMÁTICAS
Traballamos divisións con decimais:




Isto é todo por hoxe.
Un abraciño virtual 💖💖💖

luns, 20 de abril de 2020

DÍA ESPECIAL!!! CUMPLE XOEL!



PEEEEERO HOXE É UN DÍA ESPECIAL!!!!
HOXE É O ANIVERSARIO DO NENO QUE NOS ARRINCA SORRISOS TOOOODOS OS DÍAS!

Hoxe Xoel soprou as velas cun 11 ben grandote!

MOITÍSIMAS FELICIDADES XOEL




Cando volvamos a clase tócache elexir cancións! 😉😉😉
MIL BICOS E 11 TIRÓNS DE ORELLAS 😘😘
💖💖💖💖💖


RECOMENDO UN LIBRO



Esta semana é a semana do libro.
 Unha graaan semana na que vou ir publicando as recomendacións dos libros que fixéstedes. Así, se tedes un tempiño libre, podedes buscalos nas bibliotecas online ou anotalos como lecturas pendentes. 😉😉

Comezamos coa recomendación de Clara. Coa pedazo presentación que nos fixo, quen non tería ganas de lelo? Ademais practicamos inglés! Que máis podemos pedir? 
Grazas Clara.💚

Agora imos coa de Iago. Iago recoméndanos a mellor sopa do mundo, dinos que é un conto moi divertido. Habrá que comprobalo léndoo, non? Eu estouno desexando!
Grazas Iago 💚

Jesús recoméndanos unha novela gráfica que parece ben divertida. Tanto me gustou o que contaba Jesús, que non puiden evitar buscar a portada do libro. Estou desexando que isto acabe para poder lelo e saber que lle pasou á gorila!



Grazas Jesús 💚

A recomendación de Luz é fabulosa. Imaxinades un can máis pequeno que un grilo pero cun corazón tan grande? Que marabilla de recomendación! E co necesario que é axudarse uns aos outros. Estou desexando lelo!



Grazas Luz 💚

Lúa recoméndanos o diario de un aldeano. O motivo que nos dá para lelo é xenial nestes tempos de confinamento, quen non quere botarse unha risas?


Gracias Lúa 💚



E estas son as 5 recomendacións de hoxe. 
Pensábades que as ía poñer todas?  Pois non, así esperades con máis ganas as publicacións de maña. 😂😂😂


ATA MAÑÁ 😂😂

Naturais e Lingua Castelá



Boooa día!
Gustáronme moito todos os dicursos que lin e escoitei. Que ben o facedes, que orgullosa estou de ser a vosa profe !!😍😍
Como ides coas tarefas? Subo xa as correccións da semana pasada ou espero un pouquiño máis?

Hoxe imos centrarnos en Naturais e en Lengua Castellana.

Ciencias Naturais

Repasamos o que vimos das plantas. Vemos 3 vídeos cortiños e facemos unha ficha faciliña.


REPRODUCIÓN SEXUAL

REPRODUCIÓN ASEXUAL





Lengua Castellana:

Imos xogar coas palabras. A ver que tal vos vai!


(Probei a entrar desde o móbil e funciona, se vós tedes algún problema, xa sabedes, comentádemo, por fi)

Isto é todo por hoxe. 
Un biquiño e un millón de abrazos virtuais 💖💖💖



venres, 17 de abril de 2020

Mate e Ciencias Sociais



Bo día! 
Vouvos contar un segredo, cada vez que alguén di que é venres a miña cabeza recorda un vídeo. Creo que chegou o momento de compartilo con vós. Aí vos vai! 



Déixovos por aquí o traballiño para hoxe.


MATEMÁTICAS


Imos practicas as divisións, para que non se nos esquezan. Comezamos por  divisións de un decimal entre un número natural.




CIENCIAS SOCIAIS
Estou a mirar os traballos de Sociais, lévame o seu tempo! Pero mentres  os correxía pensei que vós podedes aumentar coñecementos sobre as provincias de cada comunidade autónoma. Agora xa sabedes donde están cada unha delas, non? E as capitais de cada comunidade autónoma?
Pero sabedes como se chaman os habitantes da capital de cada provincia? Penso que algún pódesenos escapar e por iso imos a practicar.


RECORDADE CAMBIAR A IDIOMA GALEGO NA ESQUINA INFERIOR ESQUERDA.

Os que entrades desde o móbil,  eu probei a entrar desde o meu e funciona, avisádeme se desde o voso non.

Isto é todo por hoxe. 
Un super abrazo virtual e mil bicos.
Boa fin de semana a todos 😍😍😘😘😘💖💖💖





BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...