venres, 19 de xuño de 2020

BO VERÁN

VIERNES!
Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020.



Non foi o curso que esperabamos, quedáronnos moitas cousas por facer, moito por aprender uns dos outros e moito por rir. 
Quedámonos co que aprendemos de ordenadores, co tempo que pasamos coa familia e o limpiñas que deixamos as casas 😉
No meu recordo quedan os bos momentos vividos durante todo o curso e o moito que disfrutei sendo a vosa mestra. 
Coidarei dos ovos azuis e as minicabazas, anotarei o número de estrelas que conseguíu cada un para recordar o ben que o facíades, non esquecerei que son as estrugas e usarei a palabra sempre que teña oportunidade, cociñarei todas as receitas do libro que fixéstedes ( desde a tortilla francesa ata a pasta casera) en fin, levareivos a todos no 💖

Foi un auténtico pracer! Sodes traballadores, bos compañeiros, carismáticos, simpáticos, colaboradores, creativos, alegres... Os vosos papás e mamás deben sentirse hiper orgullosos de vós, eu estouno. Sei que ides conseguir todo o que vos propoñades.😁😁😁

Agora só vos queda disfrutar do verán e das vacacións, tédelas máis que merecidas! Descansade, tomade o sol, xogade e desconectade. En setembro, se o Covid19 o permite,  sei que volveredes con toda a forza do mundo a seguir sendo 🔝🔝🔝

As notas están postas, publicaranse hoxe ás 16:00h en abalar. Son froito do voso traballo e esforzo durante todo o curso e tamén nestes meses tan difíciles nos que non fallástedes nin un só día.
Ojalá nos volvemos a encontrar se non é no cole noutros lares.

E antes de despedirme déixovos os deberes do verán:

D
E
S
C
A
N
S
A
R

L
E
R

E

D
I
S
F
R
U
T
A
R



 Recomendaríavos ler polo menos un libro. Martín S.  faloume moi ben deste: 😉
Se tedes algunha outra recomendación deixádea en comentarios.


E nada máis meus pequechos/as. Ata aquí por este curso. 
Recibide un millón de bicos e abrazos virtuais. 
Coidádevos moito, poñede as mascarillas, lavade moito as mans e mantede a distancia social. 

BO VERÁN!














BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...