xoves, 16 de abril de 2020

O DISCURSO


Bo día mariñeiras e mariñeiros! 
Como vai?
Cóntovos antes de deixar o traballiño de hoxe que contesto a tooodos os correos, se non recibides resposta dicídemo por fi porque é que o correo deixoumo como borrador e non mo enviou por problemas de Internet.
Agora vai o traballo de hoxe. 
Lingua Galega
Estes días cada vez que encendo a tele vexo a alguén dando unha rolda de prensa. Traen o seu discurso preparadiño e eu escoito atentamente todo o que din.
E onte, mentres escoitaba a unha ministra, pensei que vós podíades escribir un discurso ben bonito. Un de agradecemento. 
O guión é o seguinte:
1. Collede unha libreta ou folio donde poidades escribir (fundamental).
2. Elexide a quen vai dirixido, poden ser vosos pais, avós, familia, unha cantante, un médico, un gato...
3. Pensade como vai a ser o discurso ( teredes que comezar saudando),  donde o leeriades, quen o escoitaría, o longo que vai a ser (pido que teña máis dunha liña, gracias)...
4. Explicade o motivo polo que dades as gracias, pero non vale un "gracias por ser como eres". Explicádevos ben, expresade o agradecemento que tedes nos vosos corazonciños . 
Redactade con coidadiño, poñendo os puntos e as comas necesarios, repasade os acentos gráficos, as v e as b e todas esas cousas que xa traballamos. Recordade que en galego non hai "Y" e que as H, ainda que non soan, non son invisibles.
E por último lédello a alguén que teñades preto, a alguén da vosa familia. 
Podedes facermo chegar a min, por suposto, tanto como nota de voz ou discurso escrito. 

Só poño esa actividade hoxe. Quero que pensedes, se o facedes ben levaravos bastante tempo, pero o resultado pode ser xenialísimo! Que no discurso non vos quede nada por dicir. PENSADE por favor. 
Isto é todo por hoxe. 
Un abraciño virtual e moooitos biquiños.💖💖💖💖😘😘




BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...