Boooo día!! Que tal vos vai? Que tal de ponte? Tivemos unha fin de semana un pouco soleada. Menos mal!
Antes de seguir déixovos o enlace de Maruxa para seguir avanzando con ela.
Déixovos a explicación nun vídeo. Buscade na carpeta Vídeo Mate. A explicación empeza no minuto 1.Tarda en pasar dunha parte a outra porque en principio fixen un PowerPoint pero non abría desde os móbiles e tiven que pasalo a vídeo...
Se non podedes entrar explícano neste vídeo en youtube, pero dicídeme se podedes escoitarme, por fi.
E agora imos practicar:
Lingua Galega
Imos darlle outra voltiña ao uso da B. Creo que é moi necesario... Cando escribades algo, sexa castelán e galego repasade...
Non fotocopides isto. Lede o que pon a táboa e facede o exercicio un como se fose do libro, poñendo "exercicio 1 fotocopia da B".
Outra cousa, desde a editorial Santillana danos as claves para poder ler dous libros de maneira virtual. Son os dous que vos poño na imaxe. Os que os queirades ler pedídeme por email o usuario e contrasinal.
Isto é todo por hoxe.
Un abraciño virtual 💖💖💖