Cando me enviades un traballo non vos preocupedes por se me chega, moitos xa sabedes que cando me falta algún traballo (e me parece raro) envío un correo electrónico.
Estádelo a facer xenial, entendo que traballar con este sol e esta calor é moito máis duro. Estou moi moi moi moi mooooi orgullosa de vós, do voso esforzo e de que seguides aí ao pé do cañón. Non teño dúbida de que sodes o mellor grupo do Insua!! 😍😍😍😍
Imos co traballo de hoxe.
ENGLISH
A teacher escríbevos isto:
Mándavos tamén unha explicación
E uns exercicios:
Pinchando en cada imaxe lévavos ao documento na carpeta de drive.
Recordade mandarllo ao seu correo: lopezbeacastro@gmail.com
LINGUA GALEGA
Durante todo o curso falamos da acentuación das palabras. Falamos de que as palabras agudas levaban til se remataban en vogal, -n ou -s.; as graves levaban til se non remataban en vogal, -n ou -s; e as palabras esdrúxulas levaban SEMPRE til.
En galego existe o acento diacrítico que é o que se utiliza para distinguir palabras que son iguais pero que significan cousas distintas. Ademais indícanos se a vogal é aberta ( se leva o acento) ou se é prechada ( se non o leva).
A seguinte imaxe é unha captura do libro de texto. Da páxina 136. Móstranos algunhas das palabras que o levan. Seguro que a vós ocórrensevos moitas máis!
Imos facer as actividades 2, 3 e 5. Son as do libro dixital. Tedes as claves para entrar.
No exercicio 2 copiades xa coa palabra correcta para que non teñades que copialo dúas veces.
No exercicio 3 tamén copiades xa a vosa elección.
Non mo enviedes. Subirei a corrección.
Isto é todo por hoxe.
Mil millóns de bicos virtuais 💖💖💖💖💖😘😘😘😘😘😘