xoves, 2 de abril de 2020



Bo día!!💖💖💖
Que tal? Como estades?

Estou encantadííísima coas fotos dos vosos traballos, cos vídeos dos retos e coas fotos que me enviades nas que saídes traballando 💖💖💖💖
Bótovos moito de menos e esas fotiños danme moita alegría. MOITAS GRACIAS.

Cóntovos outra cousa, mañá venres a última o hora da mañá (sobre as 14.00h) aparecerán as notas do segundo trimestre na aplicación de abalar. Se os papás e mamás non seguen o blog con vós avisádeos por fi.

E agora si, póñovos o traballo para hoxe.


 MATEMÁTICAS
 Imos repasar números decimais coas moedas!

ACTIVIDADES CON DECIMAIS

No enlace encontraredes esta actividade. Ten 4 estacións pero solo faredes 3 delas. A 1, a 2 e a 3. 
A 1 está no caixeiro, a 2 na ventanilla e a 3 no cartel do porquiño.


Cada estación ten 4 actividades. Mirade na parte superior dereita e xa vedes que hai 4 números.


Na segunda estación "SISTEMA COMERCIAL " vaivos aparecer esta táboa 


Se non vos deixa poñer  a cantidade no recadro é porque non é a correcta. Tomádeo con calma e pensaaaade. 😁😁

Na estación 3 (a do porquiño) CONTABILIDAD. No primeiro exercicio vaivos aparecer esta táboa. Que debedes saber antes? Pois que :
Deber é que che quitan diñeiro  (gasto) .  
Haber é que cho dan (ingrésancho).
Saldo: diñeiro que tes.


LENGUA CASTELLANA

En lengua déixovos un repaso dos demostrativos.




Isto é todo por hoxe 💗💗💗💗
Bicos mil e un abraciño virtual.😊😊😊










BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...