martes, 31 de marzo de 2020

Traballo de Inglés

(Houbo un erro no documento que subín onte. Non era do voso curso. Volvede entrar que xa está o documento correcto)
Xa tedes o traballo de Inglés desta semana na caperta de Inglés. O nome do documento é s3 ,(semana 3) 

Carpeta Inglés

Aproveito para decirvos que non vos agobiedes con CC Sociais. Facémolo en varios días!  Non quero que vos doa a man! 🤣
Bicos mil 😘😘😘

Táboa ciencias sociais.


Booooooooo dííía! 💖💖💖

Antes de rematar as clases, en Ciencias Sociais mandeivos facer un traballo por parellas. Como a situación actual é distinta vouvos pedir que o fagades individualmente.
Tedes que facelo de todas as Comunidades Autónomas. En clase repartíramolas porque despois íamos escoitar aos compañeiros, pero ahora non podemos 🤷🏽‍♀️.
Xa sabedes que, cando busquedes a personaxe ilustre, debédesme poñer por que é coñecida, non só o nome. 
Déixovos un documento coa táboa na carpeta de sempre. 

Carpeta de 5b

Déixovos por aquí tamén a imaxe da táboa por se tedes problemas para abrir o word.


Este traballo si que me gustaría velo e correxilo eu mesma. Podedes facelo cubrindo unha táboa no ordenador ou facendo unha táboa a man e sacándolle unha foto. 
Mandádesma ao correo margachaovazquez@gmail.com
E iso é todo por hoxe. 
Un abraciño virtual.

luns, 30 de marzo de 2020

DESDE O COLE MANDÁMOVOS ÁNIMOS EN FORMA DE CANCIÓN






RESISTIREMOS. ÁNIMO




AVISO IMPORTANTÍSIMO



Póñovos por aquí información sobre axudas ao alumnado usuario de comedor. Está publicada na páxina web do centro. Enlace abaixo á páxina web do cole ↓↓↓↓↓↓↓↓↓
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioinsua/

Lectores




NAIS E PAIS se sodes socios dalgunha biblioteca municipal, tedes a posibilidade de acceder ao préstamos gratuíto de libros e películas nas vosas casas desde  o enlace que vos vou a deixar abaixo.

Aqueles que non sexades socios tamén podedes rexistrarvos. Hai información na páxina. Nela accédese ao catálogo, introdúcese o usuario e contrasinal que posuídes na vosa biblioteca municipal e poderedes acceder ao préstamo de material.

Recoméndovos as películas. É  moi doado só hai que buscalas (hai filtros para infantil e adulto), escoller o que queiras, e xa sairá o enlace a través do cal a poderedes ver . Unha vez vista, dádeslle a "devolver" igual ca faríades nunha biblioteca física.
Hai máis de 300 películas, libros con música, libros...



Un saúdo e ÁNIMO! 

Traballiños Mate e Lingua



Bo día!
Que tal van eses ánimos?
Ai nen@s, non sei que pasou co blog e con Internet o venres que non me apareceron os vosos comentarios. A ver se hoxe non pasa o mesmo! 😔
Volvín subir a páxina coas fotos dos elementos do exercicio 2. Por se non vistes os comentarios.

Tedes as correccións das actividades do 16,17 e 18 de marzo na seguinte ligazón. Xa sabedes, correxides e poñedeslle un ben ou un Ⓥ ao ladiño. Como se o correxiramos en clase.

CARPETA DE 5B

Actividades de Mate
Actividades de Lingua

A ver se así mellor.

Isto é tooodo por hoxe.
As fotos das actividades de plástica son xeniais, vou esperar a ver se chega algunha máis para subírvolas ao blog. 💖💖💖💖💖

Bótovos un montón de menos.

Un abraciño virtual.



venres, 27 de marzo de 2020

Traballo de lingua e +


BOOOOOSSS DÍÍÍAS!
Outra semaniña máis reeematada! Xa logo nos vemos!!!

E si, a resposta era mollado! Vou ter que buscar algún máis difícil!

Que tal as creacións de Plástica? Estiven a pensar que se queredes podedes mandarme a foto de cada unha delas e eu publícoas no blog. Así todos podedes ver a de todos.

O traballo de hoxe é:
Lingua Galega.

NON HAI QUE COPIAR O TEXTO. Tampouco fai falta que copiedes as preguntas. Con poñer "exercicio 1 repaso páxina 4" é suficiente.


A ver se así non sae borroso.


ACTIVIDADE

Esta actividade é un reto, estíveno a facer hoxe na miña casa para distraerme un pouco e a verdade é que ao final sáeme bastante ben.  😜
Trátase de aprender o abecedario en Lingua de Signos. Pareceume molón compartilo con vós e retarvos a facer un vídeo no que salgades facendo a abecedario. Ten que ser seguido, como o fai o chico do vídeo. Animádesvos?
Se mos enviades ou os gardades poderemos velos todos xuntos á volta. 😍



Antes de despedirme teño que dar uns avisos a papás e mamás. Está na páxina web do centro pero aviso por aquí tamén.



Isto é todo por hoxe. Pasade boa fin de semana.
Un abraciño virtual.



xoves, 26 de marzo de 2020

Traballo de Mate, Lengua Castellana e Plástica




Booos díííías!
Como estades?
Aquí vos deixo o traballo de hoxe.
Facédeo con calma, o importante nestes momentos é sentirse o mellor posible. Se vedes que non tedes ánimo para facelo pois mandádesme un correo ou un comentario. Os días tristóns están permitidos! 💗💗
Non podemos vernos pero a mi gústame moito moito saber de vós! 😍😍😍

Lengua Castellana



Matemáticas





Plástica
Aproveitando que estamos na casa e que seguro que hai millóns de materiais, imos poñernos creativos. Debuxade algo, O QUE QUEIRADES,  e poñédelle texturas pegando diferentes cousas sobre el. Déixovos por aquí unha imaxe que vos pode dar unha idea de diferentes materiais que podedes utilizar.



Ata aquí por hoxe. Recórdovos que se tedes dúbidas e non queredes mostralas nos comentarios, tamén estou atentísima ao correo electrónico. 
Un abraciño virtual. 💖💖




AVISO



A super profe de EF fixo un blog molón para traballar cousas interesantes e divertirse.
Está o enlace na páxina do cole pero para aforrarvos o traballo  póñovolo por aquí tamén!

https://aeducacionfisicamola.blogspot.com/


Un abraciño virtual 💗💗💗


mércores, 25 de marzo de 2020

Mate, Lengua e CC Naturais



Bo dííía!
Felicitacións pola adiviñanza, acertástedes todos! ♥️♥️
O traballo para hoxe é este.

MATEMÁTICAS




LENGUA CASTELLANA
Escoged a uno de estos personajes y describidlo.


Adivinanza
Un caballo blanco entra en el Mar Negro. ¿Cómo salió?

CIENCIAS DA NATUREZA
Repasamos os músculos


Isto é todo por hoxe. 
Un abrazote virtual.



martes, 24 de marzo de 2020

MATEMÁTICAS E LINGUA GALEGA



Bo día,
Como estades?
Este é o traballo para hoxe. 
MATEMÁTICAS
En Mate seguimos repasando los números decimales. No teneis por qué imprimir, con poner las soluciones en la libreta ya vale

 LINGUA GALEGA
Hoxe imos repasar os adxectivos. Porque mañá tocará facer unha descripción dunha personaxe.


CRUCIGRAMA






Isto é todo por hoxe. Coidadevos moito.
Un abraciño virtual.

luns, 23 de marzo de 2020

Traballo Inglés

Boa tarde rapazas e rapeces! 
A profe Bea mandou hoxe o traballo para esta semana. Está subido na carpeta de inglés. Son dous documentos un pon reading e outro s2.pdf

 Estou buscando alternativas para os que non vos funcionan os mapas de Sociais. Dádeme un tempiño, por fa! 
Biquiños para todos.

LENGUA, MATE E CC SOCIAIS


Booos díííías! 
Como estades? Déixovos por aquí o traballo de hoxe pero recordade que ás 11.00 en Clan podemos aprender algo.

Lengua Castellana

En el siguiente enlace hay varias actividades sobre los sustantivos. ¡A jugar!

 LOS SUSTANTIVOS




Adivinanza:
Esto era un gallo que puso un huevo en los Picos de Europa. A donde fue, ¿Al norte o al sur?




Matemáticas



CIENCIAS SOCIAIS


MAPAS CIENCIAS SOCIAIS

Isto é todo por hoxe. Calquera dúbida comentádeme, estou atentísima ao que poñades. 
Bótovos moitísimo de menos.
Un abraciño virtual.


domingo, 22 de marzo de 2020

AVISOS





BOA TARDE A TODOS,
Perdoade que interrumpa un domingo. Quería darvos 3 avisos.

Nestes momentos difíciles e algo aburridos, nos que debemos ser responsables e quedarnos na casa, aparece un novo plan matinal. Na televisión pública van ofrecer unha serie de programas educativos. É un recurso máis para aproveitar o tempo na casa e seguramente poidamos aprender algo novo. Podemos velo e logo comentar o que opinamos. Que vos parece? 
Déixovos por aquí a programación, mañá é día de Mate! 
Outra cousa, déixovos o enlace ao documento no que aparecen os exercicios do día 13 de marzo correxidos. Correxídeos como se estivesemos en clase e eu os escribise na pizarra. Se vos van ben poñédelles un BEN ao lado ou un ✔️.



E terceira e última cousa. Gustaríame que vós ou os vosos papás e mamás me enviasen un correo electrónico para saber cantos estamos en contacto. O correo é o que aparece na páxina web do centro. (margachaovazquez@gmail.com )
Un saúdo e abrazo virtual.
💖💖😘😘😊😊

mércores, 18 de marzo de 2020

Traballo de Lingua Castelá e Ciencias da Natureza


Bo día, hoxe repasaremos Lingua Castelá e Ciencias da Natureza.
Lengua Castellana:
Prestad mucha atención al último ejercicio. Pensad ideas ideas divertidas de actividades para la biblioteca y escribid una carta explicándolas bien. 


Ciencias da Natureza
En Ciencias da Natureza aprenderemos sobre un invento xenial:

 

Isto é todo por hoxe. 
Un abraciño virtual.

martes, 17 de marzo de 2020

Lingua Galega


Déixovos por aquí un documento no que aparecen algunhas das actividades máis interesantes do repaso de Lingua Galega para os que non puidéstedes acceder as actividades online.
 Recordade elexir as 5 palabras con B e as cinco con V e facer as oracións na libreta ou no folio.
😀

Documento para repasar artigos, maiúsculas, V e B

Lingua Galega e Matemáticas


Ola rapaciñas e rapaciños! 
O traballo de hoxe é de Lingua Galega e Matemáticas.
Lingua Galega:
Imos a repasar os artigos, ortografía e maiúsculas.
 Déixovos enlaces de páxinas para exercicios online.
O primeiro enlace lévavos a esta páxina facede as que están rodeadas.


Artigos, punto e maiúsculas 
A letra B
A letra V

Lede ben as palabras que aparecen nos últimos 2 enlaces, elexide as 5 que máis vos gusten e escribide unha oración con cada unha. (10 oracións en total)

Apuntade as palabras novas que non coñezades, seguro que cando voltemos á escola temos moitas que engadir a lista de PALABRAS NOVAS.

MATEMÁTICAS 




Isto é todo. Ata mañá.
Un abraciño virtual.








luns, 16 de marzo de 2020

Traballo de Inglés



Bo día rapazas e rapaces!
Hoxe farei dúas publicacións, unha coas actividades de Inglés que me mandou a profe Bea e outra coas miñas actividades.
Imos ir traballando pouco a pouco, serán actividades de repaso e xa sabedes que para calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós mediante comentarios no blogue (poñede o voso nome para saber quen sodes) ou mediante o email.

Para as actividades de Inglés, tedes que pinchar na ligazón que vos deixo abaixo. Esa ligazón lévavos a unha carpeta na que aparecen as fichas que a profe fixo para vós. 

ACTIVIDADES DE INGLÉS

Un abraciño.






TRABALLO MATE E LINGUA CASTELÁ



Matemáticas
Como ides coas divisións con decimais? Rematástedes? 
Hoxe déixovos repaso da unidade 7, podedes imprimir a imaxe ou  copiala na libreta. Se a copiades na libreta poñede a data e recordade utilizar o código de cores. 

LINGUA CASTELÁ
En Lingua Castelá lede a lectura e facede as actividades. Cando as rematedes buscade no texto os DETERMINANTES e clasificádeos.





























E isto é todo por hoxe. Moito ánimo e paciencia. Lavade ben as mans e quedádevos na casa ata que todo isto pase.
Un abraciño virtual.


venres, 13 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS




BO DÍA


Onte explicamos en clase de Matemáticas os 3 tipos de divisións. Os exercicios marcados son: 
Páxina 128: 1 e 2
Páxina 129: 1 e 2
Páxina 130: 1, 3, 4 e 5









Ola, 
Neste blog irei colgando as actividades de repaso para ir facendo estes días nos que estaremos sen cole.
Podedes comentar en cada publicación ou preguntar calquera dúbida.
Son actividades de repaso, se non tedes libreta da asignatura facédeas nun folio.
Un abraciño virtual.

BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...