venres, 19 de xuño de 2020

BO VERÁN

VIERNES!
Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020.



Non foi o curso que esperabamos, quedáronnos moitas cousas por facer, moito por aprender uns dos outros e moito por rir. 
Quedámonos co que aprendemos de ordenadores, co tempo que pasamos coa familia e o limpiñas que deixamos as casas 😉
No meu recordo quedan os bos momentos vividos durante todo o curso e o moito que disfrutei sendo a vosa mestra. 
Coidarei dos ovos azuis e as minicabazas, anotarei o número de estrelas que conseguíu cada un para recordar o ben que o facíades, non esquecerei que son as estrugas e usarei a palabra sempre que teña oportunidade, cociñarei todas as receitas do libro que fixéstedes ( desde a tortilla francesa ata a pasta casera) en fin, levareivos a todos no 💖

Foi un auténtico pracer! Sodes traballadores, bos compañeiros, carismáticos, simpáticos, colaboradores, creativos, alegres... Os vosos papás e mamás deben sentirse hiper orgullosos de vós, eu estouno. Sei que ides conseguir todo o que vos propoñades.😁😁😁

Agora só vos queda disfrutar do verán e das vacacións, tédelas máis que merecidas! Descansade, tomade o sol, xogade e desconectade. En setembro, se o Covid19 o permite,  sei que volveredes con toda a forza do mundo a seguir sendo 🔝🔝🔝

As notas están postas, publicaranse hoxe ás 16:00h en abalar. Son froito do voso traballo e esforzo durante todo o curso e tamén nestes meses tan difíciles nos que non fallástedes nin un só día.
Ojalá nos volvemos a encontrar se non é no cole noutros lares.

E antes de despedirme déixovos os deberes do verán:

D
E
S
C
A
N
S
A
R

L
E
R

E

D
I
S
F
R
U
T
A
R



 Recomendaríavos ler polo menos un libro. Martín S.  faloume moi ben deste: 😉
Se tedes algunha outra recomendación deixádea en comentarios.


E nada máis meus pequechos/as. Ata aquí por este curso. 
Recibide un millón de bicos e abrazos virtuais. 
Coidádevos moito, poñede as mascarillas, lavade moito as mans e mantede a distancia social. 

BO VERÁN!














xoves, 18 de xuño de 2020

AVISO

Boa tarde a todos e todas
Antes de comezar a videoconferencia teño que decirvos un par de cousiñas para que non cunda o pánico.

A páxina de webex non permite entrar á reunión antes da hora fixada, é dicir, antes das 16:30. Se entrades as 16:29 poñeravos que ainda non comezou a reunión. Así que, se vos pon iso,  esperades un ratiño (1 minuto ou así) e volvedes probar a ver se vos deixa entrar.

Unha vez conectados tedes que darlle ao micrónofo e cámara que aparece na pantalla (no fondo), senon non vos poderemos ver nin escoitar.

É importante que non falemos todos á vez porque as voces poden ir con algo de retraso  nalgúns ordenadores/tabletas/ móbiles e mézclanse todos os sons.

Cando non esteas falando é mellor que apagues o micrófono para que non haxa ruído de fondo e se escoite ben ao que está falando.

Se vos conectades desde ordenador recomendaríavos que descargásedes a aplicación, a min funcióname mellor con ela.

Se tedes problemas para conectarvos avisádeme por correo electrónico, estarei pendente.

En 15 minutos vémonos 😊😊😊

MATE EE CC SOCIAIS

BOOOOS DÍÍÍÍAS! Que tal estades?  Penúltima publicación deste curso! Xa están aí as vacacióóóns!!

Bueno, pois hoxe deixovos uns retos musicais: 




Este é máis difícil:







Estas dúas xa as fixemos en clase peeero sei que vos encantaron e así recordamos aqueles tempos:



Póñovos tamén un xogo de Ciencias Sociais para repasar Historia.




Ata aquí por hoxe.
Ata mañáááá 💖💖💖

mércores, 17 de xuño de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA

Booo dííííaa!! Que tal estadees??

Imos cuns xogos de repaso









Isto é todo por hoxe.
Mil bicos virtuais 😘😘😘😘

martes, 16 de xuño de 2020

ENGLISH E LENGUA CASTELÁ



BOOOOS DÍÍÍAAAS! Que tal estades?

Ánimo que xa non queda nada!! 
Quería propoñervos algo, a ver que dicides. Como non nos podemos despedir de modo presencial, que vos parece facer unha videoconferencia todos xuntos? Así falamos un ratiño e despedímonos véndonos ainda que sexa virtualmente.
Sería a través de webex. Póñovos un vídeo para que vexades como vai.



Pensei en facela o xoves pola tarde, sobre as 16:30h porque penso que quizáis vosos pais poidan axudarvos a conectarvos. 
Se vos gusta a idea dicídemo e fago a reunión para pasarvos os datos.
 


Agora imos co traballiño de hoxe.



ENGLISH 

Teacher envíavos un documento cargado de palabras bonitas:


LENGUA CASTELLANA

Eu déixovos uns xogos de repaso.














Isto é todo por hoxe. 💖💖💖
Mil millóns de bicos virtuais. 😘😘

luns, 15 de xuño de 2020

LOGOTIPO

BOOOOS DÍÍÍAAAS! Que tal estades?
Que pouquiño queda, unha semaniña e comezades as merecidísimas vacacións!!


Imos co traballiño de hoxe. 😄

Matemáticas










Cal é a actividade de hoxe? Pois pensar e crear un logotipo que identifique á clase de 5ºB.
Como debe ser? Ten que ter figuras xeométricas.
Ademais tedes que explicarme que figuras contén e por que credes que pode ser o símbolo que identifique a nosa clase.

E como pode ser que teñades a mente un pouco paralizada despois da fin de semana, déixovos un Tangram Online para poñela en funcionamento.




Bueno, déixovos dous porque o seguinte é de animalitos 😍



(Pista: se vedes que non o dades feito podedes darlle a example e axúdavos.)


Isto é todo por hoxe. Non é obrigatorio entregarme a actividade do logotipo, pero gustaríame velas.

Mil millóns de bicos e apertas virtuais.💗💗💗💗💗


venres, 12 de xuño de 2020

CORREXIR E CIENCIAS SOCIAIS

BOOOO DÍÍA! Que tal estades?

Onte non me deu tempo a enviar a lista dos libros. Intentareino hoxe. Perdóón!


Imos correxir actividades de xuño


Quero que me enviedes as correccións que tivestedes que facer nas actividades do 9 de xuño. Por fi😄😄

CIENCIAS SOCIAIS

O traballo de hoxe é de Ciencias Sociais. 
A información atopádela no tema 7 do libro.
Non copiedes tooodo, resumide o esencial. Debería ocuparvos como moito unha carilla. 
ESCRITO A MAN.


Isto é todo por hoxe. Feliiiz fin de semana.
Mil millóns de bicos virtuais 💗💗💗💗💗😘😘😘

BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...