Esta semana é a semana do libro. Unha graaan semana na que vou ir publicando as recomendacións dos libros que fixéstedes. Así, se tedes un tempiño libre, podedes buscalos nas bibliotecas online ou anotalos como lecturas pendentes. 😉😉
Comezamos coa recomendación de Clara. Coa pedazo presentación que nos fixo, quen non tería ganas de lelo? Ademais practicamos inglés! Que máis podemos pedir?
Grazas Clara.💚
Agora imos coa de Iago. Iago recoméndanos a mellor sopa do mundo, dinos que é un conto moi divertido. Habrá que comprobalo léndoo, non? Eu estouno desexando!
Grazas Iago 💚
Jesús recoméndanos unha novela gráfica que parece ben divertida. Tanto me gustou o que contaba Jesús, que non puiden evitar buscar a portada do libro. Estou desexando que isto acabe para poder lelo e saber que lle pasou á gorila!
Grazas Jesús 💚
A recomendación de Luz é fabulosa. Imaxinades un can máis pequeno que un grilo pero cun corazón tan grande? Que marabilla de recomendación! E co necesario que é axudarse uns aos outros. Estou desexando lelo!
Grazas Luz 💚
Lúa recoméndanos o diario de un aldeano. O motivo que nos dá para lelo é xenial nestes tempos de confinamento, quen non quere botarse unha risas?
Gracias Lúa 💚
E estas son as 5 recomendacións de hoxe. Pensábades que as ía poñer todas? Pois non, así esperades con máis ganas as publicacións de maña. 😂😂😂
Boooa día!
Gustáronme moito todos os dicursos que lin e escoitei. Que ben o facedes, que orgullosa estou de ser a vosa profe !!😍😍
Como ides coas tarefas? Subo xa as correccións da semana pasada ou espero un pouquiño máis?
Hoxe imos centrarnos en Naturais e en Lengua Castellana.
Ciencias Naturais
Repasamos o que vimos das plantas. Vemos 3 vídeos cortiños e facemos unha ficha faciliña.