martes, 21 de abril de 2020

RECOMENDO UN LIBRO II


A publicación que todos queríades ler, xa está aquí!

Comezamos coas recomendacións.

Marta recoméndanos, Elige tu estrella. Logo de ler o que  escribíu corrín a buscalo, e sabedes que? Que ela recomendounos este pero podemos ler varios da mesma serie. A pregúnta que lle lanzo a Marta é, que orde seguimos para ler? Comezamos polo primeiro ou é igual? 
A combinación de amigas, casa da árbore e aventuras só pode dar como resultado un LIBRAZO.

Grazas Marta💜


Pablo recoméndanos Un tren cargado de misterios.  Atópome cos ollos como platos, sete caixas azuis, e ti, que o liches, sabes o misterio de todas! Que sortudo! Alguén máis no blog sabe de que se trata ou é Pablo o máis sabio sobre o tema?(de sabelo debedes gardar o segredo) Ganas infinitas de ser sabia coma ti!


Grazas Pablo💜
É o momento de Antía.  É unha recomendación super científica! A cantidade de aventuras que deberon vivir ao coñecer a todos eses xenios da ciencia.  Xa o teño engadido á lista de libros pendentes, quero poñerme na pel de Mayden ou Natalia e vivir todo o que elas viviron. 


Grazas Antía 💜


Daniela recoméndanos Diario de Greg 2: La ley de Rodrick. Cando lin o que escribiu Daniela xurdíume unha necesidade moi grande de saber que lle pasou ao pobre Greg! E Rodrick, conta o incidente? Cóntao sen querer ou querendo? Estou desexando saber, e se vós tamén só tedes que lelo!



 Grazas Daniela 💜

Martín Saavedra propónnos unha lectura de aventuras Supernormal.  Cando lin o que escribíu Martín sentín un pouco de peniña por Murph, non debe ser doado cambiar tanto de cole, pero por outro lado intrigoume saber que pasa ao entrar nunha escola con superheroes! E, como a curiosidade matou o gato, busquei información, e atopeime que Martín fíxonos un agasallo múltiple porque o seu libro ten máis partes! Xa podemos saber que pasa con Murph e os seus novos compañeiros!
Grazas Martín 💜


Guays eh? Pedazo de lectores teño na aula! Que marabilla! E como molan tanto vou deixar que disfrutedes deles! 
E non, hoxe vouvos deixar coa mel non beizos e non vou poñer máis 😂😂😂
Tócavos agardar a mañá!




Ata mañááááá! 💖💖

Galego e Matemáticas



Bo e feliz martes meus queridiños!
 Que tal vos vai?
Aí vai o traballo de hoxe:
Lingua Galega:
Imos repasar o sentido literal e o figurado. 😀



MATEMÁTICAS
Traballamos divisións con decimais:




Isto é todo por hoxe.
Un abraciño virtual 💖💖💖

BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...