venres, 22 de maio de 2020

CÁPSULA DO TEMPO


Venres!

Moooi bo día miñas neniñas e meus neniños! Último esforzo da semana.💪💪

Hoxe é o último día para entregar o traballo de atrévete a ter unha idea. Antes das 12 do mediodía vouno enviar ao correo electrónico que me pediron. Os que non teño non os podo enviar e a verdade é que me gustaría moito, moito, moito, moito poder enviar os 24. 😊

Hoxe imos facer unha actividade especial en LINGUA GALEGA. Teredes que pensar moito e poñerlle moita ilusión e empeño.💕
É unha actividade de centro, en breves aos vosos pais e nais lles chegará unha mensaxe de abalar con máis información e datas de entrega.



Trátase dunha carta. Unha carta ao meu "eu do futuro".

Hai sensacións, sentimentos e recordos que co pasar dos anos se esquecen. Pode que nos olvidemos de cousas que agora son importantes, polo que nos fan sentir,  pensar, facer.... e que malo sería perder todo iso porque na nosa cabeza non poidan gardarse todos os recordos, verdade?
Por iso imos facer unha carta aos nosos eu do futuro. Imos contarnos esas cousas importantes de agora que quizás olvidemos dentro de dous meses ou dun ano.

Estamos nunha situación diferente, díficil para algúns, un pouco máis doada para outros pero ao fin e ao cabo todos e todas vos convertéstes en superheroes. Así que imos deixar constancia diso. 
Contádelle ao voso eu do futuro que pasou desde o 12 me marzo, o que fixéstedes, que sentistedes... Contádelle todo aquilo que pensedes que debe ser recordado por sempre xamais.
Facédeo ben, nun folio blanco e escrito a man con boli azul ou negro. Os textos a ordenador quedan bonitos pero son menos emotivos e persoais.
Quizás nun futuro podamos facer un libro que recolla todas esas cartas para que nenos e nenas podan ler as vosas experiencias de cuarentena.
Déixovos unha imaxe coa estructura dunha carta,  é importante seguila.




E como con esta actividade tedes moito que pensar, e gustaríame que se extendese polo menos unha carilla de folio, considéroa actividade única do día.

Boa fin de semana a todos

Ata luuuuns!!💖💖💖💖

BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...