Que pouquiño queda, unha semaniña e comezades as merecidísimas vacacións!!
Imos co traballiño de hoxe. 😄
Matemáticas
Cal é a actividade de hoxe? Pois pensar e crear un logotipo que identifique á clase de 5ºB.
Como debe ser? Ten que ter figuras xeométricas.
Ademais tedes que explicarme que figuras contén e por que credes que pode ser o símbolo que identifique a nosa clase.
E como pode ser que teñades a mente un pouco paralizada despois da fin de semana, déixovos un Tangram Online para poñela en funcionamento.
Bueno, déixovos dous porque o seguinte é de animalitos 😍
(Pista: se vedes que non o dades feito podedes darlle a example e axúdavos.)
Isto é todo por hoxe. Non é obrigatorio entregarme a actividade do logotipo, pero gustaríame velas.
Mil millóns de bicos e apertas virtuais.💗💗💗💗💗