Bo dííía!
Que tal estades?
Estes días de confinamento a miña cabeza non para de pensar e acordeime de Maruxa, vós acordádesvos da actividade?
Podíamos facer unha "Maruxa especial confinamento". Que vos parece? Temos que estar todos dacordo porque é necesario que participemos, tanto por comentarios como por correos electrónicos (As instruccións que me cheguen por correo electrónico poñereinas eu nun comentario).
Explícome, podemos ir facendo unha Maruxa con instruccións que vaiamos dando ao longo da mañá/tarde. Irémonos nominando como nun reto, así seguimos unha orde.
Por exemplo, comezo eu: MARUXA TEN A CABEZA REDONDA E TAN GRANDE COMO A ROTONDA DA ENTRADA DE VILALBA. (Nomino a Andrea) Agora Andrea tería que inventar outra parte do corpo. Cada un de nós iría debuxando a súa Maruxa na casa e despois ensinaríamos os resultados. Que vos parece, intentámolo?
Por outro lado déixovos un pouco de repaso de matemáticas
Isto é todo por hoxe.
Un abrazo virtual 💖💖