venres, 15 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 --->> CARVAHLO CALERO

Bo día meus queridiños e queridiñas!

A celebración das letras galegas queda aparazada oficialmente para outubro pero o día das letras galegas é un dos meus favoritos do ano, por iso non podo deixar pasar a oportunidade de celebralo un pouquiño con todos e todas vós.

O 17 de maio celébrase o día das nosas letras por un motivo especial. 
Aló polo ano 1863 saíu da imprenta o primeiro exemplar dunha obra importantísima, "Cantares Gallegos" dunha autora da que todos e todas vós escoitástedes falar moito, a gran Rosalía de Castro.


Pero non foi ata 100 anos despois, no 1963, cando a Real Academia Galega decidíu marcar un día no calendario para festexar as nosas letras. E escolleu o día no que se publicou a obra de Rosalía, Cantares gallegos, polo moito que siginficou para a nosa lingua.
Así cada 17 de maio recordamos o pasado, pensamos no presente e facemos plans para o futuro, para valorar o que temos e nos fai especiais, a lingua.

Porque hai moitas cousas que non sabemos do galego e os libros escritos:



E COMO DÍ MOITA XENTE, O NOSO GALEGO SÉRVENOS PARA FALAR, LER, ESCRIBIR E SOÑAR.



Este ano adicámoslle o día a un autor e mestre galego RICARDO CARVAHLO CALERO naceu o 30 de outubro de 1910 na cidade de Ferrol. O seu pai era un pequeno empresario local e súa nai coidaba de seis fillos (Carvaho Calero era o maior)  e a casa. Desde pequeniño sempre tivo moito interés polas letras, nunha longa entrevista que Carmen Blanco lle fixo e que recolleu nun libro, deixa constancia diso:


                    "Eu aprendín a ler precozmente nas páxinas de El Correo Gallego, de xeito que cando acudín por primeira vez á escola, sabía ler perfectamente"
                    "Desde que sei ler, tiven noticia da existencia da literatura galega. Rosalía, Curros Enríquez foron escritores dos que eu oía falar constantemente no meu arredor, dos que na miña casa ou na casa dos meus parentes ou de coñecidos había libros que tiven ocasión de ler. "



Podería escribirvos un milleiro de cousas máis sobre el peeero, prefiro que o descrubrades vós mesmos! 
Unhas profes dun cole fixeron un escape room sobre el que me encantou, así que aí volo deixo, espero que disfrutedes tanto coma min con el. Lede ben todo o que pon, sen présas, é importante toda a información que se recolle.
                                 
                                                                            PINCHADE NA  IMAXE E A APREENDER!!!




E como esta semana traballástedes tantísimo ata aquí por hoxe. Disfrutade da fin de semana e recargade pilas para o luns seguir a traballar. Despídome decíndovos o orgullosa que estou de vós, do voso traballo e esforzo diario. Da gusto ser a vosa profe, de verdade e de corazón.
Mil bicos a todos ( poñeríavos corazóns e besitos de emojis peeero xa sabades que blogger non me deixa)

ATA LUUUUUNS.

BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...