venres, 29 de maio de 2020

LA ENTREVISTA

Boooos díaaaas!! VENRES! Hoxe vou estar toda a mañá no cole reecollendo todas as cousas quee vos quedaron na clase para entregárvolas ás 13h. Con isto quero dicir que ao mellor estou un pouco máis desconectada peero intentarei estar o máis atenta posible ás notificacións dos comentarios e correos. 
Imos alá, é venres así que toca actividade única.

LA ENTREVISTA

Vamos a entrevistar a una persona que viva con nosotros o que podamos ver y hablar con ella.
En el vídeo de abajo os explica:
  • Cómo poner los nombres de la entrevista.
  • Las partes que puede tener.
  • Consejos para redactar la entrevista.



Deberá tener por lo menos 7 preguntas, si queréis hacerla de 15, podéis. Iba a deciros que en las siete preguntas no contaban las de cómo te llamas, cuántos años tienes y esas fáciles... pero voy a dejarlo bajo vuestra responsabilidad. Me gustaría leer entrevistas divertidas y creativas. Sé que vosostros/as podéis!! 

Os dejo también una entrevista a una escritora famosa, las preguntas que hace el niño están relacionadas con los libros. Si fuese una entrevista a un astronauta tendría preguntas sobre el espacio.



Cuando la tengáis me la enviáis al correo electrónico.

Esto es todo por hoy.
Buen fin de semana!!
Un millón de besos y abrazos virtuales.

xoves, 28 de maio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS E MATEMÁTICAS

Olaaa rapaciños e rapaciñas! Que tal levades a semana?

Antes de comezar quería comentarvos unha cousiña, comprobade nos vosos correos electrónicos que traballos enviástedes e cales non. Onte falando con Teacher comentoume que lle faltaban algúns, mirádeo por fi, sei que o tedes feito porque estades a traballar un montón, así que só tedes que envialo. 
E recórdovos que me faltan por recibir bastantes cápsulas do tempo, moitas das que devolvín xa volveron correxidas (xenialísimo) pero outras ainda non sei nadiña delas, deben andar perdidas ou arderon baixo este sol abrasador ( Quen sabe!).

E despois do tostón póñovos o traballo de hoxe:
 
CIENCIAS SOCIAIS

Imos dar unha volta pola historia.




Como sabedes, a Historia está dividade en Idades.  A idade antiga comeza cando acaba a Idade dos metais e o seu inicio establécese coa aparición da escritura. Nesta Idade xorden as primeiras civilizacións: Exipto, Grecia, Roma.. 
Logo da Idade Antiga, coa caída do Imperio Romano, chega a Idade Media.

Antes de comezar a falar da Idade Media debedes saber que é  moooi longa, durou algo máis de MIL ANOS. 

No seguinte vídeo explícavos 5 cousas fundamentais desta Idade:


Agora collede lápiz e papel e escoitade ben todo o que se di no vídeo, teredes que contestar a unhas preguntas!





1. Cando comeza e cando remata a Idade Media?
2. Que é a monarquía?
3. Que é o feudalismo?
4. Debuxa unha pirámide feudal.
5. Que eran as cruzadas?


MATEMÁTICAS

Esta é unha captura de pantalla da páxina 167 do libro virtual. TODOS, deberíades ter as claves e estar entrando. 
Non hai que copiar os problemas, solo resolvelos.
Hai que facer os exercicios 9 e 11.
SI HAI QUE ENVIARMO. Quero saber se a semana que vén podo pasar de tema, así que non pidades na casa que volo revisen.

Isto é todo por hoxe.
Ata mañáááá.




mércores, 27 de maio de 2020

Ciencias da Natureza, Lengua e Mate

 
Ola queridiños e queridiñas! Como estades??
Maruxa está a piques de rematar 2 máis e listo. ÁNIMO!!
O venres entregarei no cole o material. Libretas, libros e todo aquilo que quedou na clase. Se queda calquera cousa non vos preocupedes que para o ano seguirá alí.

Vamos co traballo de hoxe

Ciencias da Natureza
Comezamos coas propiedades da materia

Este vídeo resume moi ben o esencial deste tema.


Póñovos as imaxes do libro de texto coas que imos traballar:
Páxinas 96,97,98,99,100,101 do libro de Natu



Lede esas páxinas, e facede estas actividades nunha libreta ou nun folio:

1. Define:
  • MASA:
  • BALANZA:
  • VOLUME:
  • METRO CÚBICO:
  • PROBETA:
  • DENSIDADE
2. Cita as propiedades dos sólidos.
3. Cita as propiedades dos líquidos.
4.Cita as propiedades dos gases.


LENGUA CASTELLANA

Los refranes son parte de nuestra vida y nuestra cultura. Conocéis alguno? Dejadlo en comentarios!

MATEMÁTICAS

En matemáticas vamos a resolver unos problemas con unidades de masa, está en el libro de texto, página 163.




Isto é todo por hoxe.
Ata mañááá 




martes, 26 de maio de 2020

ENGLISH AND MATHS

Boooo dííía!!! Que tal estades?

Mandeivos onte un email a moitos coas cápsulas do tempo correxidas.  Cando as teñades voleevédemas mandar. Recordade que deben ser en folio blanco, escritas a man con boli azul ou negro. E deixade as maaarxes!!!

Póñovos a Maru para comezar. Aner, Maruxa espérate!! 

Moitas gracias Andi por darlle visibilidade a Maruxa. 🤣

ENGLISH

Comezo o día co traballo da Teacher Bea.

Pinchade na imaxe para ir ao doc e poder acceder aos enlaces.

E o traballo desta semana son dúas cousas, por un lado mándavos REPASO 1  e por outro unha LECTURA DE MICKEY

Recordade enviarllo ao seu correo electrónico: lopezbeacastro@gmail.com

MATEMÁTICAS

A semana pasada todos me demostrástedes que xa controlábades as medidas de lonxitude. Esta semana imos coas de capacidade e masa.


As escaleiras son as mesas, cambian os metros por litros e por gramos


CAPACIDIDADE

MASA


O método é o mesmo que coa lonxitude, así que confío en que non teñades problema.
Déixovos dúas fichas, a primeira é online, a segunda é un exercicio do libro:

Para comparar medidas sexa de lonxitude, capacidade ou masa teñen que estar na mesma unidade, non podemos comparar cm con km temos que pasalos todos ou a cm ou a km.

O primeiro exercicio xa me chega ao correo e o segundo subirei as correccións.

Isto é todo por hoxe.
Mil millóns de abrazos e bicos virtuais.

luns, 25 de maio de 2020

Linguas

LUUUNS
    Booos e fermosos días meus e miñas fermosos e fermosas! Que tal a fin de?
Antes de comezar  póñovos a Maruxa, para os que aínda vos funciona o enlace, aos que non xa sabedes como acceder a ela.




LINGUA GALEGA

Vouvos contar euq eecontar que o sábado estaba a ler o xornal  (como todos os días) e atopeime unha cara coñecida. Unha mamá dunha nena da nosa clase, a ver se vós a coñecedes:


Léstedes toda a noticia? Eu estou abraiada, recordo que Lis nos comentara algo en clase, que guay!
Pois aproveitando a noticia imos crear nós as nosas, de algo que sucedera nas vosas casas. (Se non ocorreu nada digno de ser noticia, podedes inventar). 
Recordade as partes que debe ter: 

ENTREGAR EN: margachaovazquezgmail.com . ESCRITO A MAN.

LENGUA CASTELLANA:

Hoy en Lengua Castellana vamos a practicar los verbos.
Los verbos regulares tienen las mismas terminaciones en los distintos tiempos verbales:
 En los verbos regulares de primera conjugación las terminaciones son las que están en negrita en la imagen.



 En los verbos regulares de segunda conjugación (-er) las terminaciones son las que están en negrita en la imagen.


 En los verbos regulares de segunda conjugación (-ir) las terminaciones son las que están en negrita en la imagen.

Si estuviésemos en clase sería el momento de crear nuestro juego de pasapalabra, pero he encontrado en google uno al que podéis jugar desde casa y practicar los verbos.
Los que os pregunteis que es el juego de pasapalabra aquí os dejo un vídeo de una profe jugando al pasapalabra de los verbos.



Ahora el pasapalabra digital. 



Para empezar le dadle a SIN LÍMITE de tiempo.  Luego podeis ir diminuyendo.

Si no os funciona el anterior probad con este: 



Para acabar comentarvos que recibín moi poucas cápsulas do tempo. Creo que foi porque non a pedín claramente. Mandádemas ao gmail por fi. 
 Isto é todo por hoxe. 
Un milleiro de bicos e abrazos virtuais.




venres, 22 de maio de 2020

CÁPSULA DO TEMPO


Venres!

Moooi bo día miñas neniñas e meus neniños! Último esforzo da semana.💪💪

Hoxe é o último día para entregar o traballo de atrévete a ter unha idea. Antes das 12 do mediodía vouno enviar ao correo electrónico que me pediron. Os que non teño non os podo enviar e a verdade é que me gustaría moito, moito, moito, moito poder enviar os 24. 😊

Hoxe imos facer unha actividade especial en LINGUA GALEGA. Teredes que pensar moito e poñerlle moita ilusión e empeño.💕
É unha actividade de centro, en breves aos vosos pais e nais lles chegará unha mensaxe de abalar con máis información e datas de entrega.



Trátase dunha carta. Unha carta ao meu "eu do futuro".

Hai sensacións, sentimentos e recordos que co pasar dos anos se esquecen. Pode que nos olvidemos de cousas que agora son importantes, polo que nos fan sentir,  pensar, facer.... e que malo sería perder todo iso porque na nosa cabeza non poidan gardarse todos os recordos, verdade?
Por iso imos facer unha carta aos nosos eu do futuro. Imos contarnos esas cousas importantes de agora que quizás olvidemos dentro de dous meses ou dun ano.

Estamos nunha situación diferente, díficil para algúns, un pouco máis doada para outros pero ao fin e ao cabo todos e todas vos convertéstes en superheroes. Así que imos deixar constancia diso. 
Contádelle ao voso eu do futuro que pasou desde o 12 me marzo, o que fixéstedes, que sentistedes... Contádelle todo aquilo que pensedes que debe ser recordado por sempre xamais.
Facédeo ben, nun folio blanco e escrito a man con boli azul ou negro. Os textos a ordenador quedan bonitos pero son menos emotivos e persoais.
Quizás nun futuro podamos facer un libro que recolla todas esas cartas para que nenos e nenas podan ler as vosas experiencias de cuarentena.
Déixovos unha imaxe coa estructura dunha carta,  é importante seguila.




E como con esta actividade tedes moito que pensar, e gustaríame que se extendese polo menos unha carilla de folio, considéroa actividade única do día.

Boa fin de semana a todos

Ata luuuuns!!💖💖💖💖

xoves, 21 de maio de 2020

MATEMÁTICAS Y LENGUA CASTELLANA



Bo día ruliños e ruliñas! Que tal estades?
Antes de nada dicirvos que miredes o correo, hai varios de vós que tedes sen entregarme un traballo que ten data de entrega,  e mandeivos un correo recordándovolo. ÁNIMO!! 💪💪
Agora os traballiños de hoxe.

Empezo recordando á nosa querida Maruxa. Jesús, mándame un email coa túa orde e o teu nominado por fi 😁


MATEMÁTICAS

Como a ficha saíu bastante ben imos poñela en práctica resolvendo problemas:



LENGUA CASTELLANA

Vamos a seguir trabajando con lo que habéis escrito de presente, pasado, futuro.
Buscáis en cada uno de vuestros textos todos los verbos. Y de cada verbo ponéis cuál es la raíz y cuál es la desinencia, de qué conjugación son, el número y la persona.

Por ejemplo:
Jugábamos: jug- raíz, ábamos- desinencia; 1º conjugación; 1º persona, plural.


Esto es todo por hoy.
Un abrazo y besito virtual 💖💖💖💖💖



mércores, 20 de maio de 2020

MATEMÁTICAS E CIENCIAS DA NATUREZa

Bos días meus queridiños e queridiñas! Que tal vos vai?
Estou superenfadada con Blogger... xa sabedes que fai uns días me quitou a posibilidade de usar emojis.... CO QUE ME GUSTABAN A MIN!!!! Pois agora parece ser que tamén me quere impedir poñervos o enlace a Maruxa pero estiven pensando como solucionar este atranco tecnolóxico e ocorréuseme o plan B.
Abaixo de todo, cando acaban as entradas hai un apartado coas entradas destacadas e alí está a nosa Maru. Póñovos imaxe do que vos digo e aos que aínda vos funcione o enlace só tedes que pinchar nela.




MATEMÁTICAS

Onte houbo un pouco de lío, moitos só fixestedes unha ficha de mate e eran dúas (unha en cada imaxe). Pero o problemilla é que estaban bastante regulín todas así que hoxe súbovos un vídeo volvendo explicalo:
Se non vos funciona así está subido na carpeta de 5b co nome medidas de lonxitude


Agora atentos todos, hai varios nenos que NON teñen que volver facela. Eses nenos teñen un correo electrónico meu. Polo tanto: 
Nenos CON mensaxe de Marga  só fan a segunda actividade.
Nenos SEN mensaxe de Marga fan as dúas actividades.

Actividade 1
Actividade 2



CIENCIAS DA NATUREZA

 A última vez que traballamos Ciencias da Natureza subín un vídeo resume no que falaba dos diferentes tipos de organismos, productores, consumidores, descompoñedores... Ver vídeo
Lede atentamente o que nos pon o libro:


Pois imos xogar coas cadeas alimentarias:



Ata aquí por hoxe!!
Un bico e un abrazo virtual enorme!

martes, 19 de maio de 2020

English and Maths

Bo día meus mariñeiriños e mariñeiriñas!  Que tal estades hoxe? 
Abaixo leeredes o encantada que está a Teacher pero eu... eu estou MÁIS, MOITO MÁIS. Encántame como vos implicades, preguntades e traballades. Estou orgullosísima de como aceptades todas as actividades e as facedes a diario, por non falar do control dos ordenadores que tedes... sodes xa uns expertos!! 
Estou IN LOVE CON TODOS VÓS.


 Empezo como sempre, con Maru!!


ENGLISH

A teacher Bea mándavos isto:
Pinchade na imaxe para ir ao documento donde poderedes pinchar nos enlaces


Ademais déixovos a carpeta de Inglés un documento co nome  COMPARATIVE AND SUPERLATIVE. Son as actividades desta semana de English.

MATEMÁTICAS



O procedemento é o de sempre. En canto lle deades a enviar non vos preocupedes, chéganme ao correo todas!! 
 Isto é todo por hoxe. 
Recordade enviarlle o traballo a Bea ao seu correo. 
Mil bicos a todos!!!




luns, 18 de maio de 2020

Lengua Castellana y Mate




Bos e fermosos días miñas queridiñas e meus queridiños!! Que tal estades?

Empezamos este soleado luns con MARUXA, para non perder o costume. VEÑA ÁNIMO!! Emilie mándame un correo co que queiras poñerlle a Maru.


 LENGUA CASTELLANA

Vamos a empezar con los verbos. Ya lleváis viéndolos unos años así que hice un vídeo/PowerPoint resumen de lo fundamental que debemos saber de ellos. 

                                                          (Pinchad en la imagen)

La actividad de hoy  es saber reconocer el verbo en una oración o entre un conjunto de palabras.




Es la misma página que con los ejercicios de mate del otro día, creo (y solo creo) que está configurada igual que ella. Así que solo tendréis que poner el nombre y darle a enviar.

MATEMÁTICAS
Empezamos con medidas de longitud.


Para pasar de una medida a otra tenemos memorizar bien esta escalera, LA COPIAIS EN LA LIBRETA

Para pasar de una unidad a otra multiplicamos o dividimos por la unidad seguida de tantos ceros como escalores subamos o bajemos:




Y hacemos el ejercicio número dos. SOLO EL 2.



Esto es todo por hoy. 
Un abrazo y un besito virtual.

venres, 15 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 --->> CARVAHLO CALERO

Bo día meus queridiños e queridiñas!

A celebración das letras galegas queda aparazada oficialmente para outubro pero o día das letras galegas é un dos meus favoritos do ano, por iso non podo deixar pasar a oportunidade de celebralo un pouquiño con todos e todas vós.

O 17 de maio celébrase o día das nosas letras por un motivo especial. 
Aló polo ano 1863 saíu da imprenta o primeiro exemplar dunha obra importantísima, "Cantares Gallegos" dunha autora da que todos e todas vós escoitástedes falar moito, a gran Rosalía de Castro.


Pero non foi ata 100 anos despois, no 1963, cando a Real Academia Galega decidíu marcar un día no calendario para festexar as nosas letras. E escolleu o día no que se publicou a obra de Rosalía, Cantares gallegos, polo moito que siginficou para a nosa lingua.
Así cada 17 de maio recordamos o pasado, pensamos no presente e facemos plans para o futuro, para valorar o que temos e nos fai especiais, a lingua.

Porque hai moitas cousas que non sabemos do galego e os libros escritos:



E COMO DÍ MOITA XENTE, O NOSO GALEGO SÉRVENOS PARA FALAR, LER, ESCRIBIR E SOÑAR.



Este ano adicámoslle o día a un autor e mestre galego RICARDO CARVAHLO CALERO naceu o 30 de outubro de 1910 na cidade de Ferrol. O seu pai era un pequeno empresario local e súa nai coidaba de seis fillos (Carvaho Calero era o maior)  e a casa. Desde pequeniño sempre tivo moito interés polas letras, nunha longa entrevista que Carmen Blanco lle fixo e que recolleu nun libro, deixa constancia diso:


                    "Eu aprendín a ler precozmente nas páxinas de El Correo Gallego, de xeito que cando acudín por primeira vez á escola, sabía ler perfectamente"
                    "Desde que sei ler, tiven noticia da existencia da literatura galega. Rosalía, Curros Enríquez foron escritores dos que eu oía falar constantemente no meu arredor, dos que na miña casa ou na casa dos meus parentes ou de coñecidos había libros que tiven ocasión de ler. "



Podería escribirvos un milleiro de cousas máis sobre el peeero, prefiro que o descrubrades vós mesmos! 
Unhas profes dun cole fixeron un escape room sobre el que me encantou, así que aí volo deixo, espero que disfrutedes tanto coma min con el. Lede ben todo o que pon, sen présas, é importante toda a información que se recolle.
                                 
                                                                            PINCHADE NA  IMAXE E A APREENDER!!!




E como esta semana traballástedes tantísimo ata aquí por hoxe. Disfrutade da fin de semana e recargade pilas para o luns seguir a traballar. Despídome decíndovos o orgullosa que estou de vós, do voso traballo e esforzo diario. Da gusto ser a vosa profe, de verdade e de corazón.
Mil bicos a todos ( poñeríavos corazóns e besitos de emojis peeero xa sabades que blogger non me deixa)

ATA LUUUUUNS.

xoves, 14 de maio de 2020

ACTIVIDADE DE ATRÉVETE

Meus queridiños e queridiñas, moooi booos días!!!
A actividade de onte non vos deixaba cubrir os datos porque configureina  para que non tiverades que escribir todo aquilo, pero se vos digo a verdade non sei moi ben como fixen e por que a min me aparecía o que vos puxen... En fin, cousas das novas tecnoloxías que todos estamos aprendendo.  
Bueno, actividade de hoxe, que xa era de fai 3 meses  é a de crear a empresa. Recibín unha por email, así que a persoa que ma entregou xa ten o traballo de hoxe feito.
Os que ma entregástedes en clase tedes que volver enviarma por email... non podo ir ao cole ata que me deixen as autoridades. Debemos cumprir as normas!!



O traballo pode ser feito a man ou a ordenador, se o facedes a man é preferible que escaneedes o documento, se non tedes como intentade que na foto non salgan sombras e se lea ben.
Isto é todo por hoxe, quero disculparme por mandar tantos traballos de entregar esta semana, este é o último.
Ata mañááá. 
 


mércores, 13 de maio de 2020

ENGLISH AND MATHS

Boooo día! Que tal vos vai?
Comezo con Maruxa como sempre.


Hoxe Teacher Bea mándanos isto: 
Os enlaces que vos pon a teacher na imaxe de arriba son estes:


E ademáis na carpeta de Inglés déixavos unha ficha co nome de SUPERLATIVE. 


MATEMÁTICAS

Atentos todos, collan lápiz e goma. Imos facer os exercicios 1, 2, 3, e 6 do seguinte enlace:


TEDES QUE FACELO EN LIBRETA E ANOTARME OS RESULTADOS NA FICHA. NOS CADRIÑOS QUE VEDES AÍ


REPITO, vades facendo SÓ o 1, 2, 3 e 6 . É importante que non só poñades o resultado senón tamén que é... €,km, chicas...


Cando os rematedes ides ata abaixo de todo e veredes isto


Dádelle a ¡TERMINADO! e apareceravos isto, dádelle a enviar mis respuestas: 



 Non lle deades a comprobar mis resultados!! (Se o facedes teredes que cubrir a ficha outra vez) Cubride os datos: Nome, 5ºb, mate, margachaovazquez@gmail.com e dádelle a enviar. Apareceravos arriba un cadriño pequeniño que pon que me foron enviados os resultados.


Isto é todo por hoxe.
Ata mañá!
(Blogger quitoume a opción dos emojis e non vos podo poñer corazoncitos)

martes, 12 de maio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS E LINGUA GALEGA

 Booo día meus queridiños e queridiñas!

Encantóume escoitarvos onte!! Moitas gracias por eses audios!!! 
Como ben dixo Violeta,HAI QUE ACABAR A MARUXA! O último que comentou tivo un erro e ten que volver dicilo... Os ollos xa están feitos desde o principio!! 
Imos ao traballo de hoxe.
Recordades que o outro día fixemos unha investigación sobre a nosa amada Galicia? Recordades que vos dixen que non ma enviárades porque ía ir con outro traballo?  Poooois chegou o momento!! Agora toca investigar a UNIÓN EUROPEA, así, cando escoitedes no telexornal falar dela, seredes auténticos expertos na materia. Póñovos unha imaxe co esquemita de como debería quedar:



Ten que estar escrito en galego e a man. Para facilitarvos o traballo entrades nos libros virtuais e nas páxinas 76, 77,78 e 79 vénvos toda a información que pido. Resumide e poñédeo coas vosas palabras, por fi. Logo mandádemo ao correo. 

Isto é todo por hoxe. 
Un biquiño virtual moi grande.

luns, 11 de maio de 2020

DÍA DE CORREXIR



Bo dííía! Que tal estades? Lin nos xornais que houbo unha gran tormenta en Vilalba, espero estedes todos ben e que non pasase nada, as tormentas son bastante peligrosas. Aquí sentíronse os tronos pero non caeu nin un chisquiño de auga. 
Polo demais, que tal? Disfrutástedes o venres libre? 😝😝

Agora que traemos as pilas recargadas imos CORREXIR, si, correxir, porque me din conta que non vos estaba a subir os exercicios correxidos desde o 15 de abril!!!! 😱😱😱
Aí van...

CARPETA 5B



Por outra banda imos comezar a traballar cos textos que creamos o outro día, os de presente, pasado e futuro. Quero que fagades un audio, digo audio porque así é máis doado de mandar, no que me leades os textos. Se están ben puntuados e teñen sentido, os audios deben entenderse á perfección. Se vedes que faltan puntos, comas, ou que vos coméstedes palabras... é o momento de volver facelo.
Mandádemo ao correo electrónico. Se o arquivo é grande comparto con vós unha carpeta de drive para que mo subades a ela.


Isto é todo por hoxe💖💖💖
Ata mañá😘😘😘






BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...