xoves, 18 de xuño de 2020

AVISO

Boa tarde a todos e todas
Antes de comezar a videoconferencia teño que decirvos un par de cousiñas para que non cunda o pánico.

A páxina de webex non permite entrar á reunión antes da hora fixada, é dicir, antes das 16:30. Se entrades as 16:29 poñeravos que ainda non comezou a reunión. Así que, se vos pon iso,  esperades un ratiño (1 minuto ou así) e volvedes probar a ver se vos deixa entrar.

Unha vez conectados tedes que darlle ao micrónofo e cámara que aparece na pantalla (no fondo), senon non vos poderemos ver nin escoitar.

É importante que non falemos todos á vez porque as voces poden ir con algo de retraso  nalgúns ordenadores/tabletas/ móbiles e mézclanse todos os sons.

Cando non esteas falando é mellor que apagues o micrófono para que non haxa ruído de fondo e se escoite ben ao que está falando.

Se vos conectades desde ordenador recomendaríavos que descargásedes a aplicación, a min funcióname mellor con ela.

Se tedes problemas para conectarvos avisádeme por correo electrónico, estarei pendente.

En 15 minutos vémonos 😊😊😊

MATE EE CC SOCIAIS

BOOOOS DÍÍÍÍAS! Que tal estades?  Penúltima publicación deste curso! Xa están aí as vacacióóóns!!

Bueno, pois hoxe deixovos uns retos musicais: 




Este é máis difícil:







Estas dúas xa as fixemos en clase peeero sei que vos encantaron e así recordamos aqueles tempos:



Póñovos tamén un xogo de Ciencias Sociais para repasar Historia.




Ata aquí por hoxe.
Ata mañáááá 💖💖💖

BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...