A actividade de onte non vos deixaba cubrir os datos porque configureina para que non tiverades que escribir todo aquilo, pero se vos digo a verdade non sei moi ben como fixen e por que a min me aparecía o que vos puxen... En fin, cousas das novas tecnoloxías que todos estamos aprendendo.
Bueno, actividade de hoxe, que xa era de fai 3 meses é a de crear a empresa. Recibín unha por email, así que a persoa que ma entregou xa ten o traballo de hoxe feito.
Os que ma entregástedes en clase tedes que volver enviarma por email... non podo ir ao cole ata que me deixen as autoridades. Debemos cumprir as normas!!
O traballo pode ser feito a man ou a ordenador, se o facedes a man é preferible que escaneedes o documento, se non tedes como intentade que na foto non salgan sombras e se lea ben.
Isto é todo por hoxe, quero disculparme por mandar tantos traballos de entregar esta semana, este é o último.Ata mañááá.