xoves, 28 de maio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS E MATEMÁTICAS

Olaaa rapaciños e rapaciñas! Que tal levades a semana?

Antes de comezar quería comentarvos unha cousiña, comprobade nos vosos correos electrónicos que traballos enviástedes e cales non. Onte falando con Teacher comentoume que lle faltaban algúns, mirádeo por fi, sei que o tedes feito porque estades a traballar un montón, así que só tedes que envialo. 
E recórdovos que me faltan por recibir bastantes cápsulas do tempo, moitas das que devolvín xa volveron correxidas (xenialísimo) pero outras ainda non sei nadiña delas, deben andar perdidas ou arderon baixo este sol abrasador ( Quen sabe!).

E despois do tostón póñovos o traballo de hoxe:
 
CIENCIAS SOCIAIS

Imos dar unha volta pola historia.




Como sabedes, a Historia está dividade en Idades.  A idade antiga comeza cando acaba a Idade dos metais e o seu inicio establécese coa aparición da escritura. Nesta Idade xorden as primeiras civilizacións: Exipto, Grecia, Roma.. 
Logo da Idade Antiga, coa caída do Imperio Romano, chega a Idade Media.

Antes de comezar a falar da Idade Media debedes saber que é  moooi longa, durou algo máis de MIL ANOS. 

No seguinte vídeo explícavos 5 cousas fundamentais desta Idade:


Agora collede lápiz e papel e escoitade ben todo o que se di no vídeo, teredes que contestar a unhas preguntas!





1. Cando comeza e cando remata a Idade Media?
2. Que é a monarquía?
3. Que é o feudalismo?
4. Debuxa unha pirámide feudal.
5. Que eran as cruzadas?


MATEMÁTICAS

Esta é unha captura de pantalla da páxina 167 do libro virtual. TODOS, deberíades ter as claves e estar entrando. 
Non hai que copiar os problemas, solo resolvelos.
Hai que facer os exercicios 9 e 11.
SI HAI QUE ENVIARMO. Quero saber se a semana que vén podo pasar de tema, así que non pidades na casa que volo revisen.

Isto é todo por hoxe.
Ata mañáááá.




BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...