Bo día!
Vouvos contar un segredo, cada vez que alguén di que é venres a miña cabeza recorda un vídeo. Creo que chegou o momento de compartilo con vós. Aí vos vai!
Déixovos por aquí o traballiño para hoxe.
MATEMÁTICAS
Imos practicas as divisións, para que non se nos esquezan. Comezamos por divisións de un decimal entre un número natural.
CIENCIAS SOCIAIS
Estou a mirar os traballos de Sociais, lévame o seu tempo! Pero mentres os correxía pensei que vós podedes aumentar coñecementos sobre as provincias de cada comunidade autónoma. Agora xa sabedes donde están cada unha delas, non? E as capitais de cada comunidade autónoma?
Pero sabedes como se chaman os habitantes da capital de cada provincia? Penso que algún pódesenos escapar e por iso imos a practicar.
RECORDADE CAMBIAR A IDIOMA GALEGO NA ESQUINA INFERIOR ESQUERDA.
Os que entrades desde o móbil, eu probei a entrar desde o meu e funciona, avisádeme se desde o voso non.
Isto é todo por hoxe.
Un super abrazo virtual e mil bicos.
Boa fin de semana a todos 😍😍😘😘😘💖💖💖