Antes de comezar comentarvos que a actividade que mandei sobre a cápsula do tempo era a mesma que a que se mandou desde o cole
Xa queda pouquiño, un par de semaniñas máis e poderedes descansarr! Moito ánimo meus heroes!! 💖💖💖
Hoxe imos comezar por correxir! Sempre me esquezo de subir as correccións das actividades que ides facendo 😓. Súboas a continuación:
Agora o traballo de hoxe:
MATEMÁTICAS
Estivemos pasando de horas a minutos e segundos e de segundos a minutos e horas, e a semana pasada nunha ficha aparecía a palabra graos que vos mandei cambiar por horas. E falamos púxenvos os símbolos:
(º)graos (')minutos ('')segundos
Mandéivola cambiar porque un grao é igual a sesenta minutos, é dicir, unha hora. Se sabedes pasar de horas a minutos e segundos, sabedes pasar de graos, minutos e segundos.
Imos seguir practicando iso:
Páxina 192 do libro. Exercicios 1, 2 e 3 da (páxina 193)
NON mo enviedes, este venres subirei todas as correccións do mes de xuño.
Isto é todo por hoxe.
Ata mañáááá.💖💖💖💖