Bos e frescos días!
Que tal ides? Cansados? Veña ánimo que xa logo chegan as vacacións.
Como sei que o traballo de onte foi algo longo, e moitos aínda non rematastes, hoxe imos poñer actividades nas que tedes que ler pero non escribir.
MATEMÁTICAS
Reto musical. Hoxe a cousa vai de rap. Preparádevos antes, intentade facelo mentalmente, este é moi fácil. Dura 44 segundo despois xa ven a resolución. Parádeo antes!!!
MATEMÁTICAS
Reto musical. Hoxe a cousa vai de rap. Preparádevos antes, intentade facelo mentalmente, este é moi fácil. Dura 44 segundo despois xa ven a resolución. Parádeo antes!!!
Ciencias Naturais.
Póñovos un enlace que vos vai a levar a páxina de abalar.
Primeiro vaivos aparecer isto. Dádeslle ao botón verde. Apareceravos unha pantalla co que ides traballar. Lede e dádelle a saltar.
Unha vez lle deades a saltar apareceravos esta pantalla. Ledes o que di o monicreque. Non fagades trampa dándolle a saltar sen ler, por fi 😝. Despois de ler dádelle a saltar.
Apareceravos esta pantalla. Tedes que facer o das partes do corpo, articulacións, ósos e músculos.
Cando pinchedes en cada apartado vaivos aparecer a explicación. Lédea enteira para despois poder facer os xogos ben. Para xogar pinchade no mando debuxo do mando da consola que hai ao lado da casiña.
Isto é todo por hoxe.
Bicos mil e un abraciño virtual 💖💖💖💖