Recordarvos antes de empezar que aos que vos mandei a cápsula do tempo correxida tedes que volver enviarma en folio blanco e escrita en boli azul ou negro.
Imos co traballo de hoxe.
MATEMÁTICAS
Traballamos un pouco máis as horas minutos e segundos.
NO EXERCICIO 1 HAI QUE AVERIGUAR CANTO TEMPO PASA ENTRE UN RELOXO E OUTRO. ( Recortei a imaxe para que fose máis grande e recortei de máis).
No exercicio número dous é moi importante o resto da división, así que non fagades trampa facéndoas coa calculadora ( sei que o outro día algún a fixo). E cambiade o de grados por horas.
No exercicio 3 se a cantidade pasa de 60 sumades unha na seguinte. E donde pon grados cambiádeo por horas.
Importante: o ' son minutos e o '' segundos.
A imaxe póñoa así (moi grande) a ver se non vos dá problemas. Copiádela na libreta como se dun exercicio do libro se tratara.
CIENCIAS DA NATUREZA
Seguimos traballando coa materia, pinchade nos enlaces, para ir a unhas actividades online.
Eu entrei desde o ordenador e desde o móbil peeero se tedes algún problema avisádesme
Ata aquí por hoxe
Un millón de abrazos e bicos virtuais 💗💗💗💗😘😘😘😘😘