Bo día a todas e a todos! Que tal estades?Recordo que as Cápsulas do Tempo teño que entregalas no cole como data límite o venres (poñíao en Abalar), dito doutra maneira, mañá!!!! Non vos quero meter presión peeero TIC-TAC 😂😂😂
CIENCIAS SOCIAIS
O outro día mandeivos facer unha liña do tempo coas fichas resumo que vos din da Idade Media, esa liña do tempo vaivos a ser útil para facer a seguinte ficha.
Póñovos outra vez o arquivo sobre a Idade Media para que non teñades que buscalo.
E agora a ficha:
MATEMÁTICAS
En Mate imos facer os problemas do libro da páxina 191.
PLÁSTICA
Levo moito tempo querendo facer esta actividade pero non tiñades o material na casa. Agora que xa o tedes imos alá. Tedes as acuarelas, non si? pois quero que fagades con elas unha obra formada por figuras xeométricas planas. Déixade andar a vosa imaxinación e por suposto espero ver moooitas cores.
(Mirade que cuquis quedan así)
Pero póñome seria para falar dun pintor que a min persoalmente me encanta. Déixovos por aquí unha das súas obras e rétovos a descubrir de quen se trata!
Ata aquí por hoxe.
Un millón de bicos virtuais 💗💗💗💗💗💗💗💗