martes, 28 de abril de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA E INGLÉS



Bo díía a todos e todas!
Que tal estades? 
Antes de nada aclarar que non é necesario que me enviedes os traballos de todos os días. Eu vou a subir os exercicios correxidos. Cando sexan de entregar vouno a decir cun "obrigatorio entregar", mentres non vexades iso será que non mo tedes que mandar.

Por outro lado vexo que a pobre Maruxa avanza pouco. Intentemos non deixala a medio facer! 😜
Hoxe imos con Ciencias da Natureza.

Empezamos definindo un ecosistema:





Aquí temos que prestar atención porque nos explica varias cousas importantes:
-Cales son os compoñentes abióticos.
-Cales son os tipos de ecosistemas
-Cales son os organismos dun ecosistema.






Cal é a actividade de hoxe? pois imos exercer de periodistas. Como vemos na tele o presidente, ministros e outros grandes mandos fan roldas de prensa e dan moita información, e son os periodistas os que escollen a importante. Pois a iso imos nós!! Dos vídeos anteriores temos que resolver estas preguntas:

1. Que é un ecosistema?
2. Cales son os compoñentes abióticos?
3.  Que catro tipos de ecosistemas menciona?
4. Dentro dos ecosistemas terrestres,cales nomea?
5. Cales son os organismos dun ecosistema? Que exemplos nomea de cada un deles?



INGLÉS

En inglés a teacher mandanos isto, recordade pinchar na imaxe para poder vela ben.



E logo mándanos actividades que vos subo á carpeta co nome de Comparative and story.

Obrigatorio entregar  os exercicios de inglés en➡️ lopezbeacastro@gmail.com

Isto é todo por hoxe. 
Un saudiño e un abrazo virtual💖💖


BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...