venres, 19 de xuño de 2020

BO VERÁN

VIERNES!
Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020.



Non foi o curso que esperabamos, quedáronnos moitas cousas por facer, moito por aprender uns dos outros e moito por rir. 
Quedámonos co que aprendemos de ordenadores, co tempo que pasamos coa familia e o limpiñas que deixamos as casas 😉
No meu recordo quedan os bos momentos vividos durante todo o curso e o moito que disfrutei sendo a vosa mestra. 
Coidarei dos ovos azuis e as minicabazas, anotarei o número de estrelas que conseguíu cada un para recordar o ben que o facíades, non esquecerei que son as estrugas e usarei a palabra sempre que teña oportunidade, cociñarei todas as receitas do libro que fixéstedes ( desde a tortilla francesa ata a pasta casera) en fin, levareivos a todos no 💖

Foi un auténtico pracer! Sodes traballadores, bos compañeiros, carismáticos, simpáticos, colaboradores, creativos, alegres... Os vosos papás e mamás deben sentirse hiper orgullosos de vós, eu estouno. Sei que ides conseguir todo o que vos propoñades.😁😁😁

Agora só vos queda disfrutar do verán e das vacacións, tédelas máis que merecidas! Descansade, tomade o sol, xogade e desconectade. En setembro, se o Covid19 o permite,  sei que volveredes con toda a forza do mundo a seguir sendo 🔝🔝🔝

As notas están postas, publicaranse hoxe ás 16:00h en abalar. Son froito do voso traballo e esforzo durante todo o curso e tamén nestes meses tan difíciles nos que non fallástedes nin un só día.
Ojalá nos volvemos a encontrar se non é no cole noutros lares.

E antes de despedirme déixovos os deberes do verán:

D
E
S
C
A
N
S
A
R

L
E
R

E

D
I
S
F
R
U
T
A
R



 Recomendaríavos ler polo menos un libro. Martín S.  faloume moi ben deste: 😉
Se tedes algunha outra recomendación deixádea en comentarios.


E nada máis meus pequechos/as. Ata aquí por este curso. 
Recibide un millón de bicos e abrazos virtuais. 
Coidádevos moito, poñede as mascarillas, lavade moito as mans e mantede a distancia social. 

BO VERÁN!














xoves, 18 de xuño de 2020

AVISO

Boa tarde a todos e todas
Antes de comezar a videoconferencia teño que decirvos un par de cousiñas para que non cunda o pánico.

A páxina de webex non permite entrar á reunión antes da hora fixada, é dicir, antes das 16:30. Se entrades as 16:29 poñeravos que ainda non comezou a reunión. Así que, se vos pon iso,  esperades un ratiño (1 minuto ou así) e volvedes probar a ver se vos deixa entrar.

Unha vez conectados tedes que darlle ao micrónofo e cámara que aparece na pantalla (no fondo), senon non vos poderemos ver nin escoitar.

É importante que non falemos todos á vez porque as voces poden ir con algo de retraso  nalgúns ordenadores/tabletas/ móbiles e mézclanse todos os sons.

Cando non esteas falando é mellor que apagues o micrófono para que non haxa ruído de fondo e se escoite ben ao que está falando.

Se vos conectades desde ordenador recomendaríavos que descargásedes a aplicación, a min funcióname mellor con ela.

Se tedes problemas para conectarvos avisádeme por correo electrónico, estarei pendente.

En 15 minutos vémonos 😊😊😊

MATE EE CC SOCIAIS

BOOOOS DÍÍÍÍAS! Que tal estades?  Penúltima publicación deste curso! Xa están aí as vacacióóóns!!

Bueno, pois hoxe deixovos uns retos musicais: 




Este é máis difícil:







Estas dúas xa as fixemos en clase peeero sei que vos encantaron e así recordamos aqueles tempos:



Póñovos tamén un xogo de Ciencias Sociais para repasar Historia.




Ata aquí por hoxe.
Ata mañáááá 💖💖💖

mércores, 17 de xuño de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA

Booo dííííaa!! Que tal estadees??

Imos cuns xogos de repaso









Isto é todo por hoxe.
Mil bicos virtuais 😘😘😘😘

martes, 16 de xuño de 2020

ENGLISH E LENGUA CASTELÁ



BOOOOS DÍÍÍAAAS! Que tal estades?

Ánimo que xa non queda nada!! 
Quería propoñervos algo, a ver que dicides. Como non nos podemos despedir de modo presencial, que vos parece facer unha videoconferencia todos xuntos? Así falamos un ratiño e despedímonos véndonos ainda que sexa virtualmente.
Sería a través de webex. Póñovos un vídeo para que vexades como vai.



Pensei en facela o xoves pola tarde, sobre as 16:30h porque penso que quizáis vosos pais poidan axudarvos a conectarvos. 
Se vos gusta a idea dicídemo e fago a reunión para pasarvos os datos.
 


Agora imos co traballiño de hoxe.



ENGLISH 

Teacher envíavos un documento cargado de palabras bonitas:


LENGUA CASTELLANA

Eu déixovos uns xogos de repaso.














Isto é todo por hoxe. 💖💖💖
Mil millóns de bicos virtuais. 😘😘

luns, 15 de xuño de 2020

LOGOTIPO

BOOOOS DÍÍÍAAAS! Que tal estades?
Que pouquiño queda, unha semaniña e comezades as merecidísimas vacacións!!


Imos co traballiño de hoxe. 😄

Matemáticas










Cal é a actividade de hoxe? Pois pensar e crear un logotipo que identifique á clase de 5ºB.
Como debe ser? Ten que ter figuras xeométricas.
Ademais tedes que explicarme que figuras contén e por que credes que pode ser o símbolo que identifique a nosa clase.

E como pode ser que teñades a mente un pouco paralizada despois da fin de semana, déixovos un Tangram Online para poñela en funcionamento.




Bueno, déixovos dous porque o seguinte é de animalitos 😍



(Pista: se vedes que non o dades feito podedes darlle a example e axúdavos.)


Isto é todo por hoxe. Non é obrigatorio entregarme a actividade do logotipo, pero gustaríame velas.

Mil millóns de bicos e apertas virtuais.💗💗💗💗💗


venres, 12 de xuño de 2020

CORREXIR E CIENCIAS SOCIAIS

BOOOO DÍÍA! Que tal estades?

Onte non me deu tempo a enviar a lista dos libros. Intentareino hoxe. Perdóón!


Imos correxir actividades de xuño


Quero que me enviedes as correccións que tivestedes que facer nas actividades do 9 de xuño. Por fi😄😄

CIENCIAS SOCIAIS

O traballo de hoxe é de Ciencias Sociais. 
A información atopádela no tema 7 do libro.
Non copiedes tooodo, resumide o esencial. Debería ocuparvos como moito unha carilla. 
ESCRITO A MAN.


Isto é todo por hoxe. Feliiiz fin de semana.
Mil millóns de bicos virtuais 💗💗💗💗💗😘😘😘

xoves, 11 de xuño de 2020

Mate e Lingua Galega

Boooo dííííaaa meus queridiños e queridiñas!
 
Onte aos vosos papás e mamás chegoulles unha mensaxe ABALAR  para traer os libros e a actividade de cuarentena.

  • A ACTIVIDADE DO LIBRO DE CUARENTENA: é a mesma que a da cápsula do tempo. Entregade esa. Os que non ma entregastes a min, pois tedes oportunidade de facela para levala ao cole. 

  • OS LIBROS: Hoxe mandarei a cada correo electrónico os libros que ten que devolver cada un. Se non tedes que devolver nada pois non vos chegará nada.

O traballo de hoxe é o seguinte:


MARUXA, olvideime de Maruxa!! Martín Picos, dinos que lle falta e nomina!

MARU💗



MATEMÁTICAS

Páxina 199 do libro. Exercicios 9 e 10

Non mo enviedes, subo corrección o venres.

LINGUA GALEGA


Onte traballamos os adverbios en Lingua Castelá e hoxe en Lingua Galega.
O exercicio 2 ten dúas partes. Unha na que tedes que pinchar sobre o adverbio e outra na que tedes que poñer de que tipo é.




Isto é todo por hoxe.
Ata mañááááá 💖💖💖💖





mércores, 10 de xuño de 2020

ENGLISH Y LENGUA CASTELLANA

Bo día a todos e todas! Que tal estades?? 

Imos con traballiño de hoxe:

ENGLISH

A Teacher Bea escríbevos isto (pinchade na imaxe):

E pónvos dúas fichiñas:


Acordádevos de mandarlla ao seu correo electrónico.


LENGUA CASTELLANA

Vamos a ver el adverbio. Prestamos atención a estos dos vídeos.




 Leemos la primera página del documento que encontrareis pinchando en la imagen y hacemos los ejercicios 1, 2, 4 y 5.



No me las envieis, subo las correcciones el viernes.



Esto es todo por hoy.
Hasta mañana 💖💖💖💖💖

martes, 9 de xuño de 2020

MATE E CIENCIAS DA NATUREZA

Booo día! Que tal estades hoxe? 

Imos co traballiño.

MATEMÁTICAS


Seguimos coas horas minutos segundos e graos minutos e segundos:

                    PÁXINA 195. Non fai falta copiar os problemas, resolvédeos só.



                                PÁXINA198





Non mo enviedes, subo as correccións o venres!!




CIENCIAS DA NATUREZA




1. Escribe 5 exemplos de corpos deformables.
2. Escribe 5 exemplos de corpos indeformables.
3. Exercicio 2 páxina 107.




Isto é todo por hoxee 💗💗💗
Ata mañááááá 💖💖

luns, 8 de xuño de 2020

CORREXIR E MATEMÁTICAS

Boooo díííía rapaciñas ee rapaciños! Que tal a fin de semana?
Antes de comezar comentarvos que a actividade que mandei sobre a cápsula do tempo era a mesma que a que se mandou desde o cole 
 
Xa queda pouquiño, un par de semaniñas máis e poderedes descansarr! Moito ánimo meus heroes!! 💖💖💖

Hoxe imos comezar por correxir! Sempre me esquezo de subir as correccións das actividades que ides facendo 😓. Súboas a continuación:


Agora o traballo de hoxe:

MATEMÁTICAS

Estivemos pasando de horas a minutos e segundos e de segundos a minutos e horas, e a semana pasada nunha ficha aparecía a palabra graos que vos mandei cambiar por horas.  E falamos púxenvos os símbolos:

                                                  (º)graos                (')minutos                 ('')segundos 



Mandéivola cambiar porque un grao é igual a sesenta minutos, é dicir, unha hora. Se sabedes pasar de horas a minutos e segundos, sabedes pasar  de graos, minutos e segundos.
Imos seguir practicando iso:

Páxina 192 do libro. Exercicios 1, 2 e 3 da  (páxina 193)

NON mo enviedes, este venres subirei todas as correccións do mes de xuño.


Isto é todo por hoxe.
Ata mañáááá.💖💖💖💖



venres, 5 de xuño de 2020

AUTOBIOGRAFÍA

VIERNES!

Bo día nenas e nenos de 5ºB! 🙆 Que tal estades hoxe?
 
Antes de comezar felicitar aos nenos e nenas que descubriron quen era o autor da obra de onte!! 

Aquí vos deixo unha pequena biografía de Kandinsky.





LENGUA CASTELLANA

Pues partiendo de Kandinsky vamos a hablar sobre las biografías:


                                                            (Fuente: Mundoprimaria.com)



Para la actividad de hoy nos interesa hablar de la autobiografía.
Una autobiografía es el relato de tu propia vida, narrada por ti mismo/a. En la autobiografía tú eres el protagonista y el narrador.
VAMOS A HACER UNA AUTOBIOGRAFÍA.
Os voy a poner una serie de preguntas esenciales en toda biografía. NO hay que copiar la pregunta y responderla, hay que redactar de manera que contestéis a todas sin que aparezca la pregunta.

  • ¿Como te llamas? ¿Cuál es tu fecha de nacimiento? ¿Dónde naciste?

  • ¿Dónde vives? ¿Quiénes son tus padres?
  • ¿A qué colegio asistes? ¿Qué curso estudias? ¿Quiénes son tus amigos?
  • ¿Qué hechos importantes han sucedido en tu vida con los que te has sentido feliz?
    En este apartado cuenta aquellas experiencias que recuerdes en las que lo pasastes muy bien, te divertirte o te sentiste muy feliz.
  • ¿Cómo fueron tus primeros años?
    Cuenta aquí algunas anécdotas o sucesos curiosos o travesuras que recuerdes que te sucedieron cuando eras pequeño que te hicieron reír, que causaron asombro o llamaron la atención de los demás.
  • ¿Cuáles son tus hobbys y qué cosas te gustan?

    Escribe sobre lo que más te gusta, pero también sobre tus aficiones o pasatiempos, tus deportes favoritos, los juegos que te gustan, tu asignatura favorita, tus comidas preferidas, etc…

  • ¿Cuáles han sido y son actualmente las personas más importantes en tu vida? ¿Por qué?

    Habla también de las personas que hoy en día están a tu lado, te acompañan, te ayudan y te quieren.Haz memoria de las personas con las que te has relacionado en tu vida, que te han aportado cosas positivas y con las que has tenido vivencias agradables (familiares, amigos, vecinos…). Quizás algunos ya no estén en tu vida, pero tendrás recuerdos de ellas.

NO ES OBLIGATORIO ENTREGARLA PERO ME GUSTARÍA LEERLAS.


Hasta aquí por hoy!!
Feliz fin de semana!!💗💗💗💗💗

xoves, 4 de xuño de 2020

CUMPLE LUA

💥💥💥💥💥💥💥💥💥💥ATEEEEEEENCIÓÓÓÓÓÓNNNNN💥💥💥💥💥💥💥💥💥💥💥

Hoxe é un día especialísimo na clase de 5ºB, hoxe a nosa Lua, a nena  que sempre se está a rir e a que ten unha gata preciosa (ainda que como ela di "está loca") está de cumple.

PARABÉÉÉÉÉNS PAAARA TIIII NESTA DATA QUEEERIDA, MOITAS FEEEELICIDADES, MOITOS AAAAANOS DE VIIIIIDA.







MOITÍSIMAS FELICIDADES LUA, QUE PASES UN DÍA XENIAL E QUE CELEBRES, COMO SE MERECEN SER CELEBRADOS, OS 11 ANAZOS. COME MOITA TARTA DE CHOCOLATE, SOPRA TODO O FORTE  QUE PODAS  AS VELAS E NON TE ESQUEZAS O DESEXO. 😊😊😊



UN MILLÓN DE BICOS VIRTUAIS E 11 TIRÓNS DE ORELLAS.

CCSS, MATE E PLÁSTICA

Bo día a todas e a todos! Que tal estades?
Recordo que as Cápsulas do Tempo teño que entregalas no cole como data límite o venres (poñíao en Abalar), dito doutra maneira, mañá!!!! Non vos quero meter presión peeero TIC-TAC 😂😂😂


CIENCIAS SOCIAIS

O outro día mandeivos facer unha liña do tempo coas fichas resumo que vos din da Idade Media, esa liña do tempo vaivos a ser útil para facer a seguinte ficha. 

Póñovos outra vez o arquivo sobre a Idade Media para que non teñades que buscalo.




E agora a ficha:





MATEMÁTICAS

En Mate imos facer os problemas do libro da páxina 191.





PLÁSTICA

Levo moito tempo querendo facer esta actividade pero non tiñades o material na casa. Agora que xa o tedes imos alá. Tedes as acuarelas, non si? pois quero que fagades con elas unha obra formada por figuras xeométricas planas. Déixade andar a vosa imaxinación e por suposto espero ver moooitas cores.


(Mirade que cuquis quedan así)

Pero póñome seria para falar dun pintor que a min persoalmente me encanta.  Déixovos por aquí unha das súas obras e rétovos a descubrir de quen se trata! 




Ata aquí por hoxe. 
Un millón de bicos virtuais 💗💗💗💗💗💗💗💗


mércores, 3 de xuño de 2020

MATE E CIENCIAS DA NATUREZA

Booos días meus amoriños e amoriñas! Que tal estades?
 
Recordarvos antes de empezar que aos que vos mandei a cápsula do tempo correxida tedes que volver enviarma en folio blanco e escrita en boli azul ou negro.

Imos co traballo de hoxe.

MATEMÁTICAS

Traballamos un pouco máis as horas minutos e segundos. 
NO EXERCICIO 1 HAI QUE AVERIGUAR CANTO TEMPO PASA ENTRE UN RELOXO E OUTRO. ( Recortei a imaxe para que fose máis grande e recortei de máis).

No exercicio número dous é moi importante o resto da división, así que non fagades trampa facéndoas coa calculadora ( sei que o outro día algún a fixo). E cambiade o de grados por horas.


No exercicio 3 se a cantidade pasa de 60 sumades unha na seguinte. E donde pon grados cambiádeo por horas.

Importante: o ' son minutos e o '' segundos.


 A imaxe póñoa así (moi grande) a ver se non vos dá problemas. Copiádela na libreta como se dun exercicio do libro se tratara.

CIENCIAS DA NATUREZA

Seguimos traballando coa materia, pinchade nos enlaces, para ir a unhas actividades online.
Eu entrei desde o ordenador e desde o móbil peeero se tedes algún problema avisádesme


Ata aquí por hoxe
Un millón de abrazos e bicos virtuais 💗💗💗💗😘😘😘😘😘

martes, 2 de xuño de 2020

English e Lingua Galega

Bo día meus picariños e picariñas! Que tal estades?

Cando me enviades un traballo non vos preocupedes por se me chega, moitos xa sabedes que cando me falta algún traballo (e me parece raro) envío un correo electrónico. 
Estádelo a facer xenial, entendo que traballar con este sol e esta calor é moito máis duro. Estou moi moi moi moi mooooi orgullosa de vós, do voso esforzo e de que seguides aí ao pé do cañón. Non teño dúbida de que sodes o mellor grupo do Insua!! 😍😍😍😍
 Imos co traballo de hoxe.

ENGLISH

A teacher escríbevos isto:

Mándavos tamén unha explicación 
E uns exercicios:

Pinchando en cada imaxe lévavos ao documento na carpeta de drive. 
Recordade mandarllo ao seu correo:   lopezbeacastro@gmail.com


LINGUA GALEGA

Durante todo o curso falamos da acentuación das palabras. Falamos de que as palabras agudas levaban til se remataban en vogal, -n  ou -s.; as graves levaban til se non remataban en vogal, -n ou -s; e as palabras esdrúxulas levaban SEMPRE til.


En galego existe o acento diacrítico que  é o que se utiliza para distinguir palabras que son iguais pero que significan cousas distintas. Ademais indícanos se a vogal é aberta ( se leva o acento) ou se é prechada ( se non o leva).
A seguinte imaxe é unha captura do libro de texto. Da páxina 136. Móstranos algunhas das palabras que o levan. Seguro que a vós ocórrensevos moitas máis!




Imos facer as actividades 2, 3 e 5. Son as do libro dixital. Tedes as claves para entrar.
No exercicio 2 copiades xa coa palabra correcta para que non teñades que copialo dúas veces.
No exercicio 3 tamén copiades xa a vosa elección. 
Non mo enviedes. Subirei a corrección.


Isto é todo por hoxe. 
Mil millóns de bicos virtuais 💖💖💖💖💖😘😘😘😘😘😘

luns, 1 de xuño de 2020

MATE E CIENCIAS SOCIAIS

Bo día meus queridiños e queridiñas! Que tal estades?
Antes de comezar.... Que gusto vervos a algúns de vós o venres, como vos boto de menos!!😔😍
 Bueno, comezamos semana e como as actividades que recibín de mate iban todas ben podemos seguir navegando. Noraboa!

MATEMÁTICAS

Imos repasar algo que creo e espero que teñades controlado, recordo que nalgún momento en clase xa utilizamos as horas, minutos e segundos para resolver algún problema. Así que alá imos:
Sabemos que:
1 horas é igual a 60 minutos
1 minuto é igual a 60 segundos
  • Se queremos pasar de horas a minutos temos que MULTIPLICAR por 60. 
  • Se queremos pasar de minutos a segundos temos que MULTIPLICAR por 60
  • Se queremos pasar de horas a segundos temos que MULTIPLICAR dúas veces por 60 (Primeiro pasamos a minutos multiplicando por 60 e volvemos multiplicar por 60 para pasar a segundos) ou o que é o mesmo, multiplicamos por 3600.


  • Se queremos pasar de segundos a minutos ( ao revés que antes) DIVIDIMOS entre 60.
  • Se queremos pasar de minutos a horas DIVIDIMOS entre 60.
  • Se queremos pasar de segundos a horas DIVIDIMOS entre 3600 ( ou entre 60 dúas veces).


Póñovos tres vídeos nos que un profe super guay o explica moi clariño:











Agora imos practicar:






CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe póñovos un resumo para que o leades e o utilicedes para facer unha liña do tempo. Tedes unha pista na marxe dereita do documento.


Non me enviedes a liña do tempo, imos seguir traballando sobre este documento.



Ata aquí por hoxe.
Mil millóns de bicos virtuais.💖💖💖💖💖😘😘😘😘😘😘😘😘😘

venres, 29 de maio de 2020

LA ENTREVISTA

Boooos díaaaas!! VENRES! Hoxe vou estar toda a mañá no cole reecollendo todas as cousas quee vos quedaron na clase para entregárvolas ás 13h. Con isto quero dicir que ao mellor estou un pouco máis desconectada peero intentarei estar o máis atenta posible ás notificacións dos comentarios e correos. 
Imos alá, é venres así que toca actividade única.

LA ENTREVISTA

Vamos a entrevistar a una persona que viva con nosotros o que podamos ver y hablar con ella.
En el vídeo de abajo os explica:
  • Cómo poner los nombres de la entrevista.
  • Las partes que puede tener.
  • Consejos para redactar la entrevista.



Deberá tener por lo menos 7 preguntas, si queréis hacerla de 15, podéis. Iba a deciros que en las siete preguntas no contaban las de cómo te llamas, cuántos años tienes y esas fáciles... pero voy a dejarlo bajo vuestra responsabilidad. Me gustaría leer entrevistas divertidas y creativas. Sé que vosostros/as podéis!! 

Os dejo también una entrevista a una escritora famosa, las preguntas que hace el niño están relacionadas con los libros. Si fuese una entrevista a un astronauta tendría preguntas sobre el espacio.



Cuando la tengáis me la enviáis al correo electrónico.

Esto es todo por hoy.
Buen fin de semana!!
Un millón de besos y abrazos virtuales.

xoves, 28 de maio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS E MATEMÁTICAS

Olaaa rapaciños e rapaciñas! Que tal levades a semana?

Antes de comezar quería comentarvos unha cousiña, comprobade nos vosos correos electrónicos que traballos enviástedes e cales non. Onte falando con Teacher comentoume que lle faltaban algúns, mirádeo por fi, sei que o tedes feito porque estades a traballar un montón, así que só tedes que envialo. 
E recórdovos que me faltan por recibir bastantes cápsulas do tempo, moitas das que devolvín xa volveron correxidas (xenialísimo) pero outras ainda non sei nadiña delas, deben andar perdidas ou arderon baixo este sol abrasador ( Quen sabe!).

E despois do tostón póñovos o traballo de hoxe:
 
CIENCIAS SOCIAIS

Imos dar unha volta pola historia.




Como sabedes, a Historia está dividade en Idades.  A idade antiga comeza cando acaba a Idade dos metais e o seu inicio establécese coa aparición da escritura. Nesta Idade xorden as primeiras civilizacións: Exipto, Grecia, Roma.. 
Logo da Idade Antiga, coa caída do Imperio Romano, chega a Idade Media.

Antes de comezar a falar da Idade Media debedes saber que é  moooi longa, durou algo máis de MIL ANOS. 

No seguinte vídeo explícavos 5 cousas fundamentais desta Idade:


Agora collede lápiz e papel e escoitade ben todo o que se di no vídeo, teredes que contestar a unhas preguntas!





1. Cando comeza e cando remata a Idade Media?
2. Que é a monarquía?
3. Que é o feudalismo?
4. Debuxa unha pirámide feudal.
5. Que eran as cruzadas?


MATEMÁTICAS

Esta é unha captura de pantalla da páxina 167 do libro virtual. TODOS, deberíades ter as claves e estar entrando. 
Non hai que copiar os problemas, solo resolvelos.
Hai que facer os exercicios 9 e 11.
SI HAI QUE ENVIARMO. Quero saber se a semana que vén podo pasar de tema, así que non pidades na casa que volo revisen.

Isto é todo por hoxe.
Ata mañáááá.




BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...