Antes de comezar.... Que gusto vervos a algúns de vós o venres, como vos boto de menos!!😔😍
Bueno, comezamos semana e como as actividades que recibín de mate iban todas ben podemos seguir navegando. Noraboa!
MATEMÁTICAS
Imos repasar algo que creo e espero que teñades controlado, recordo que nalgún momento en clase xa utilizamos as horas, minutos e segundos para resolver algún problema. Así que alá imos:
Sabemos que:
1 horas é igual a 60 minutos
1 minuto é igual a 60 segundos
- Se queremos pasar de horas a minutos temos que MULTIPLICAR por 60.
- Se queremos pasar de minutos a segundos temos que MULTIPLICAR por 60
- Se queremos pasar de horas a segundos temos que MULTIPLICAR dúas veces por 60 (Primeiro pasamos a minutos multiplicando por 60 e volvemos multiplicar por 60 para pasar a segundos) ou o que é o mesmo, multiplicamos por 3600.
- Se queremos pasar de segundos a minutos ( ao revés que antes) DIVIDIMOS entre 60.
- Se queremos pasar de minutos a horas DIVIDIMOS entre 60.
- Se queremos pasar de segundos a horas DIVIDIMOS entre 3600 ( ou entre 60 dúas veces).
Póñovos tres vídeos nos que un profe super guay o explica moi clariño:
Agora imos practicar:
CIENCIAS SOCIAIS
Hoxe póñovos un resumo para que o leades e o utilicedes para facer unha liña do tempo. Tedes unha pista na marxe dereita do documento.
Ata aquí por hoxe.
Mil millóns de bicos virtuais.💖💖💖💖💖😘😘😘😘😘😘😘😘😘