Bo dííía! Que tal estades? Lin nos xornais que houbo unha gran tormenta en Vilalba, espero estedes todos ben e que non pasase nada, as tormentas son bastante peligrosas. Aquí sentíronse os tronos pero non caeu nin un chisquiño de auga.
Polo demais, que tal? Disfrutástedes o venres libre? 😝😝
Agora que traemos as pilas recargadas imos CORREXIR, si, correxir, porque me din conta que non vos estaba a subir os exercicios correxidos desde o 15 de abril!!!! 😱😱😱
Aí van...
CARPETA 5B
Por outra banda imos comezar a traballar cos textos que creamos o outro día, os de presente, pasado e futuro. Quero que fagades un audio, digo audio porque así é máis doado de mandar, no que me leades os textos. Se están ben puntuados e teñen sentido, os audios deben entenderse á perfección. Se vedes que faltan puntos, comas, ou que vos coméstedes palabras... é o momento de volver facelo.
Mandádemo ao correo electrónico. Se o arquivo é grande comparto con vós unha carpeta de drive para que mo subades a ela.
Isto é todo por hoxe💖💖💖
Ata mañá😘😘😘