martes, 12 de maio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS E LINGUA GALEGA

 Booo día meus queridiños e queridiñas!

Encantóume escoitarvos onte!! Moitas gracias por eses audios!!! 
Como ben dixo Violeta,HAI QUE ACABAR A MARUXA! O último que comentou tivo un erro e ten que volver dicilo... Os ollos xa están feitos desde o principio!! 
Imos ao traballo de hoxe.
Recordades que o outro día fixemos unha investigación sobre a nosa amada Galicia? Recordades que vos dixen que non ma enviárades porque ía ir con outro traballo?  Poooois chegou o momento!! Agora toca investigar a UNIÓN EUROPEA, así, cando escoitedes no telexornal falar dela, seredes auténticos expertos na materia. Póñovos unha imaxe co esquemita de como debería quedar:



Ten que estar escrito en galego e a man. Para facilitarvos o traballo entrades nos libros virtuais e nas páxinas 76, 77,78 e 79 vénvos toda a información que pido. Resumide e poñédeo coas vosas palabras, por fi. Logo mandádemo ao correo. 

Isto é todo por hoxe. 
Un biquiño virtual moi grande.

BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...