Booo día rapaciños e rapaciñas!
Antes de comezar voume disculpar. Onte non debería haber subido traballo porque era día non lectivo no cole. Xa sabedes que son un pouco despistada e claro... tendo en conta a situación actual pois... ata que me avisaron non o sabía e xa era tarde...
Pois onte, tendo cargo de conciencia por non respectar o voso dereito a descansar, pensei que quizás podíamos descansar outro día. Estiven a mirar o tempo en Meteogalicia e da previsión de sol o xoves e o venres. Que vos parece se aproveitando que o venres, que vai facer bo día, descansamos? Penso que é mellor un día que faga sol porque os que tedes xardín podedes disfrutar un pouco máis del e os que non o tedes pois podedes planear o paseo sen ter ningunha tarefa pendente (Ademáis creo que é un día especial para algún de vós).
É UNHA PROPOSTA, intento enmendar o meu gran erro 😔😔😔 Xa me dicides se vos parece ben ou se queredes que traballemos con normalidade toda a semana finxindo que non me despistei... 😊😊
Agora empezo coas tarefas de hoxe.
Maruxa está descarrilada dixo Pablo... Por favor axudémola!!
MATEMÁTICAS
Que tal onte as tarefas de mate? Non recibín ningunha dúbida... 😕😕😕
Déixovos por aquí un par de problemas máis.
Pinchade sobre a imaxe para facela grande.
CIENCIAS DA NATUREZA
Déixovos na carpeta un vídeo resumo do tema ECOSISTEMAS.
Buscade Ciencias da Natureza T7
Con ese vídeo podedes correxir o exercicio da semana pasada. E queda explicado todo o tema 7 que era case todo repaso de cursos anteriores.
A actividade de hoxe é esta:
Tedes que analizar unha foto dun ecosistema. Realizando os 5 puntos que da imaxe anterior.
Déixovos unhas imaxes por se non queredes buscar outras para analizar.
1. A do carpincho 💚
2. A dos peixiños
3. A do debuxo
Podedes elexir outra imaxe que sexa do voso gusto. Eu elexín esas 3 porque creo que calquera delas é facilmente analizable. Baseadevos no que explico no vídeo e aumentade aquilo que consideredes importante e que sepamos de unidades pasadas.
SÓ QUERO QUE ME ENTREGUEDES CIENCIAS DA NATUREZA.
Isto é todo por hoxe meus corazonciños💙💙
ATA MAÑÁÁÁÁ