Mandeivos onte un email a moitos coas cápsulas do tempo correxidas. Cando as teñades voleevédemas mandar. Recordade que deben ser en folio blanco, escritas a man con boli azul ou negro. E deixade as maaarxes!!!
Póñovos a Maru para comezar. Aner, Maruxa espérate!!
Moitas gracias Andi por darlle visibilidade a Maruxa. 🤣
ENGLISH
Comezo o día co traballo da Teacher Bea.
Pinchade na imaxe para ir ao doc e poder acceder aos enlaces.
E o traballo desta semana son dúas cousas, por un lado mándavos REPASO 1 e por outro unha LECTURA DE MICKEY
Recordade enviarllo ao seu correo electrónico: lopezbeacastro@gmail.com
MATEMÁTICAS
A semana pasada todos me demostrástedes que xa controlábades as medidas de lonxitude. Esta semana imos coas de capacidade e masa.
As escaleiras son as mesas, cambian os metros por litros e por gramos
CAPACIDIDADE
MASA
O método é o mesmo que coa lonxitude, así que confío en que non teñades problema.
Déixovos dúas fichas, a primeira é online, a segunda é un exercicio do libro:
Para comparar medidas sexa de lonxitude, capacidade ou masa teñen que estar na mesma unidade, non podemos comparar cm con km temos que pasalos todos ou a cm ou a km.
O primeiro exercicio xa me chega ao correo e o segundo subirei as correccións.
Isto é todo por hoxe.
Mil millóns de abrazos e bicos virtuais.