E chegou o final, os dous últimos! Que ben o pasei lendo as vosas recomendacións e buscando máis información sobre elas.
Veña as dúas últimas que son de dous amigos da alma.
Alejandro fálanos de habitantes terrestres xa desaparecidos. Siii, falamos de El mundo de los dinosaurios. Eu son da opinión de que por moito que sepamos deles nunca sabremos o suficiente, así que, toodos a lelo.
Grazas Álex 💛
Martín Picos decántase por unha historia de aventuras que nos vén como anel ao dedo porque a cousa vai de piratas e mar, e nós que somos? Mariñeeeiros. Ademáis nos tempos que corren, que bonito será ler este libro no que un xornalista da noticias bonitas.
Grazas Martín 💛
E estas son as recomendacións da semana do libro.
Houbo algún que vos chamara taaanto a atención que estades desexando facervos con el? Contádemo 😊
Un bico virtual a todos 💗💗💗💗 e graciñas aos que participastedes 😍😍😍