Que gusto vervos! ♥️♥️♥️
martes, 14 de abril de 2020
VOLTA AO COLE!!
Booo e fermoso martes meus queridiños e queridiñas 😍😍
Que tal de vacacións? Diferentes, raras, xeniais, relaxadas, divertidas?
Comezamos novo trimestre, pero imos empezar pouco a pouco, sen presa, relaxadamente.
Comezamos por correxir os traballos do trimestre pasado. Déixovos o enlace á carpeta. Xa sabedes, poñedes un ben naqueles que vos vaian ben e correxides os que non. Ollo con fiarse a cegas de min, que eu tamén son humana e me equivoco. Se algo non nos vai igual repasade, se non teño razón dicídesmo en comentarios, por fi.😊
(ACTIVIDADES 23,24,25,26,27,30 de marzo e 2 de abril)
(ACTIVIDADES 23,24,25,26,27,30 de marzo e 2 de abril)
A profe Bea tamén me mandou as actividades de Inglés correxidas.
O traballo que puxo para esta semana, moitos xa o teredes feito, é para os que non vos deu tempo e para os que non volo correxíu.
Ademais hai indicacións para conseguir o class book.
Póñovos o enlace a carpeta de Inglés.
A actividade de hoxe é a de RECOMENDA UN LIBRO.
A semana do 20 ao 24 é a semana do libro. Gustaríame ter para esas datas unha recomendación, de cada un de vós, dun libro que lle gustara un montón (tanto como me gustou a min Memorias dun neno labrego). Déixovos abaixo a ficha, podedes cubrila no ordenador, escribila a man, facerlle un debuxo que acompañe a recomendación... Poñédeas bonitas porque van directiñas a unha publicación no blog.
E isto é todo por hoxe. Pénsade moito o libro, é super importante.
Un abraciño virtual
💖💖💖💕💕💕💖💖💖💖💕💕😍😍😍😘😘
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
BO VERÁN
VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...
-
BOOOOO DÍÍÍA, Que tal? Que felicidade a de onte estando tan activos, non sabedes o ben que o paso léndovos!😍 Maruxa avanza, pouco a pou...
-
VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...
-
Bos días meus queridiños e queridiñas! Que tal vos vai? Estou superenfadada con Blogger... xa sabedes que fai uns días me quitou a posibilid...