martes, 14 de abril de 2020

VOLTA AO COLE!!




Booo e fermoso martes meus queridiños e queridiñas 😍😍
Que tal de vacacións? Diferentes, raras, xeniais, relaxadas, divertidas? 

Comezamos novo trimestre, pero imos empezar pouco a pouco, sen presa, relaxadamente. 

Comezamos por correxir os traballos do trimestre pasado. Déixovos o enlace á carpeta. Xa sabedes, poñedes un ben naqueles que vos vaian ben e correxides os que non. Ollo con fiarse a cegas de min, que eu tamén son humana e me equivoco. Se algo non nos vai igual repasade, se non teño razón dicídesmo en comentarios, por fi.😊
(ACTIVIDADES 23,24,25,26,27,30 de marzo e 2 de abril)



A profe Bea tamén me mandou as actividades de Inglés correxidas. 
O traballo que puxo para esta semana, moitos xa o teredes feito, é para os que non vos deu tempo e para os que non volo correxíu.
Ademais hai indicacións para conseguir o class book.
Póñovos o enlace a carpeta de Inglés. 




A actividade de hoxe é a de RECOMENDA UN LIBRO. 
A semana do 20 ao 24 é a semana do libro. Gustaríame ter para esas datas unha recomendación, de cada un de vós, dun libro que lle gustara un montón (tanto como me gustou a min Memorias dun neno labrego). Déixovos abaixo a ficha, podedes cubrila no ordenador, escribila a man, facerlle un debuxo que acompañe a recomendación... Poñédeas bonitas porque van directiñas a unha publicación no blog.



E isto é todo por hoxe. Pénsade moito o libro, é super importante.
Un abraciño virtual
💖💖💖💕💕💕💖💖💖💖💕💕😍😍😍😘😘



11 comentarios:

  1. Ola , Marga , son Andrea, no de o libro dixital de inglés , hai q ter o activity por que eu non o teño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hello Andrea! No, solo nos Dan acceso al class book. Lo del activity, para los que no lo tengáis, os lo iré pasando yo, como las dos fichas de esta semana! 🥰🥰

      Eliminar
    2. Moitas grazas e q eu non yeño o activity

      Eliminar
  2. hola son Alex, Marga creo que te equivocaches nas actividades do día 13 de marzo exercicio 2
    na primeira operación. A min dame 21,3 ,pero si me equivoquei perdoname vale, chao

    ResponderEliminar
  3. Hola Marga, en el ejercicio 2 de las unidades de matemáticas del dia 24 de marzo la segunda operacion pone menos...seria 38-10= 28,no? porque lo sumaste y pone 38 en vez de 28.

    ResponderEliminar
  4. Perdón pusiste 48, en vez de 28 porque hiciste suma en vez de resta

    ResponderEliminar
  5. Hola de nuevo, yo tengo una actividad de un crucigrama en gallego del día 24 de marzo sin corregir y no encuentro la corrección, me gustaría saber la soluci´n porque me faltan dos palabras q no adivino.Gracias

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Violeta, esquecín subila, súboa nun momentiño ( se Internet mo permite que hoxe a conexión vaime regulín)

      Eliminar

BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...