xoves, 30 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS E INGLÉS



Bo díííía!!
Que tal?💗💗
Comezo este chuvioso día poñéndovos o enlace de sempre:

Hoxe faremos unha actividade de CIENCIAS SOCIAIS que nos vai axudar a coñecer un pouco máis a nosa Galicia. 
É  a única actividade miña do día, así que poñédelle todo o cariño que Galicia merece.
Precisamos un folio en branco para facela e cores, tooodas as que poidades. 
Como sei que botades de menos a miña letra e os meus debuxos fíxenvos o esquema a man.  
Como vedes na marxe superior dereita fixen un debuxo moi bonito 😂, espero que vós fagades un mellor, pode ser unha planta típica de Galicia, a silueta da Comunidade Autónoma... 
Ten que ser a man, non me vale escrito a ordenador. E non mo entreguedes ainda, porque vouno pedir xunto co seguinte traballo que vos pida de Ciencias Sociais.


INGLÉS

Teacher Bea escríbevos isto, pinchade na imaxe para vela grande.




Na imaxe aparécevos un enlace que vos poño aquí abaixo.



Ademáis subín á carpeta un documento co nome Comparative Adjectives que son as actividades de hoxe.


Enviádesllo a ↳↳↳↳   lopezbeacastro@gmail.com


Como sempre vos digo, encantada de que me preguntedes cousas, tanto en comentarios como en correo eléctrónico. 

Isto é todo por hoxe. 💖💖 Recordamos que nos imos de ponte, así que, que pasedes unha boa fin de semana longa. Aínda que pode ser que durante estes 3 días publique algo, podo ter algunha novidade e non poder esperar para contárvola.😂😂😘😘
Un chuchiño e un abraciño virtual 💖💖

BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...