Booo día!
Como estades? Que tal a fin de semana? Saíestes airearvos un pouco? É importante facelo ben, con calma e respectando as normas que se puxeron para así volver todos a normalidade.
Pero bueno, imos alá, primeiro día de cambios, preparados?
Temos a Maruxiña sen acabar, buscade a publicación que a pobre está escasa de partes.
Comezamos con MATEMÁTICAS
PORCENTAXES
VEMOS OS VÍDEOS QUE NOS EXPLICAN QUE SON AS PORCENTAXES
No seguinte vídeo recordamos como se dividía entre a unidade seguida de ceros (que xa vimos) 10, 100 e 1000.
Logo explícavos as porcentaxes e para acabar como se calculan as porcentaxes dun número.
AGORA IMOS PRACTICAR
A seguinte captura é do libro virtual. Tedes que facer os exercicios 1, 2, 6 e 7
Recordade que para non ver borrosas as imaxes hai que pinchar sobre elas e deixalas cargar durante uns segundiños.
Non copiedes enunciados, poñede só "exercicio 1 páxina.."
Como é cousa nova, isto é todo por hoxe. Recibo e aclaro dúbidas en comentarios e en gmail.
Un abrazo virtual 💖💖💖