Seguimos recomendando!
Comezamos coa recomendación de Tania, La diversión de Martina: fin de curso en el paraíso. Madre mía, unha viaxe de fin de curso as Maldivas, nin máis nin menos!Son a única que quere saber de qué aventuras fala Tania? No seu debuxo móstranos unha serea, habrá sereas no libro? Ten moi boa pinta esta recomendación, queda anotada en libros pendentes de ler.
Grazas Tania 💙
Turno de Xoel, que nos recomenda a historia de Babe, el cerdito valiente, e paréceme unha recomendación marabillosa. Aquí si que falo con coñecemento, tiven a fortuna de ler este libro. Cóntanos Xoel que o debedes ler porque é un libro de fantasía, eu engado que é un libro emocionante e que é capaz de chegar ao profundo dos corazóns.
Grazas Xoel 💙
Violeta decántase por un de misterio, no que aparecen zombies e fantasmas. Co que vos gustan a vós esas cousas, seguro que en canto poidades o quereredes ler! E paréceme unha moi boa idea porque, según o que nos conta Violeta, Martina axuda ao pantasma, e... que bonito é axudar verdade?
A min picoume a curiosidade e busquei para saber máis do libro, déixovos a portada 😄
Grazas Violeta💙
Andrea recoméndanos Trenfugiados, un libro que nos conta a realidade de moitas persoas que fuxen da guerra. Só co que conta Andrea na sinopse do libro é suficiente. Eu xa o considero un libro que TODOS deberíamos ler.
Grazas Andrea 💙
Emilie tamén nos trae un libro que parece contar a historia de moitas familias que perden as súas casas, A batalla da pequena Chañan Curi Coco. Ten pinta de ser un libro que nos pode ensinar moitas cousas, o que seguro que nos ensina é a valorar o que temos e a pensar no valiosos que podemos ser para axudar aos demais.
Grazas Emilie 💙
E ata aquí por hoxe 💖💖.
Mañá máis 😍😍
ATA MAÑÁÁÁÁ
Marga yo te mande un correo donde aparece mi yo recomiendo mira a ver si te aparece
ResponderEliminarBo día Vero! Siii, recibino, publícoo mañá 😉
Eliminarvale
Eliminar