mércores, 3 de xuño de 2020

MATE E CIENCIAS DA NATUREZA

Booos días meus amoriños e amoriñas! Que tal estades?
 
Recordarvos antes de empezar que aos que vos mandei a cápsula do tempo correxida tedes que volver enviarma en folio blanco e escrita en boli azul ou negro.

Imos co traballo de hoxe.

MATEMÁTICAS

Traballamos un pouco máis as horas minutos e segundos. 
NO EXERCICIO 1 HAI QUE AVERIGUAR CANTO TEMPO PASA ENTRE UN RELOXO E OUTRO. ( Recortei a imaxe para que fose máis grande e recortei de máis).

No exercicio número dous é moi importante o resto da división, así que non fagades trampa facéndoas coa calculadora ( sei que o outro día algún a fixo). E cambiade o de grados por horas.


No exercicio 3 se a cantidade pasa de 60 sumades unha na seguinte. E donde pon grados cambiádeo por horas.

Importante: o ' son minutos e o '' segundos.


 A imaxe póñoa así (moi grande) a ver se non vos dá problemas. Copiádela na libreta como se dun exercicio do libro se tratara.

CIENCIAS DA NATUREZA

Seguimos traballando coa materia, pinchade nos enlaces, para ir a unhas actividades online.
Eu entrei desde o ordenador e desde o móbil peeero se tedes algún problema avisádesme


Ata aquí por hoxe
Un millón de abrazos e bicos virtuais 💗💗💗💗😘😘😘😘😘

martes, 2 de xuño de 2020

English e Lingua Galega

Bo día meus picariños e picariñas! Que tal estades?

Cando me enviades un traballo non vos preocupedes por se me chega, moitos xa sabedes que cando me falta algún traballo (e me parece raro) envío un correo electrónico. 
Estádelo a facer xenial, entendo que traballar con este sol e esta calor é moito máis duro. Estou moi moi moi moi mooooi orgullosa de vós, do voso esforzo e de que seguides aí ao pé do cañón. Non teño dúbida de que sodes o mellor grupo do Insua!! 😍😍😍😍
 Imos co traballo de hoxe.

ENGLISH

A teacher escríbevos isto:

Mándavos tamén unha explicación 
E uns exercicios:

Pinchando en cada imaxe lévavos ao documento na carpeta de drive. 
Recordade mandarllo ao seu correo:   lopezbeacastro@gmail.com


LINGUA GALEGA

Durante todo o curso falamos da acentuación das palabras. Falamos de que as palabras agudas levaban til se remataban en vogal, -n  ou -s.; as graves levaban til se non remataban en vogal, -n ou -s; e as palabras esdrúxulas levaban SEMPRE til.


En galego existe o acento diacrítico que  é o que se utiliza para distinguir palabras que son iguais pero que significan cousas distintas. Ademais indícanos se a vogal é aberta ( se leva o acento) ou se é prechada ( se non o leva).
A seguinte imaxe é unha captura do libro de texto. Da páxina 136. Móstranos algunhas das palabras que o levan. Seguro que a vós ocórrensevos moitas máis!




Imos facer as actividades 2, 3 e 5. Son as do libro dixital. Tedes as claves para entrar.
No exercicio 2 copiades xa coa palabra correcta para que non teñades que copialo dúas veces.
No exercicio 3 tamén copiades xa a vosa elección. 
Non mo enviedes. Subirei a corrección.


Isto é todo por hoxe. 
Mil millóns de bicos virtuais 💖💖💖💖💖😘😘😘😘😘😘

luns, 1 de xuño de 2020

MATE E CIENCIAS SOCIAIS

Bo día meus queridiños e queridiñas! Que tal estades?
Antes de comezar.... Que gusto vervos a algúns de vós o venres, como vos boto de menos!!😔😍
 Bueno, comezamos semana e como as actividades que recibín de mate iban todas ben podemos seguir navegando. Noraboa!

MATEMÁTICAS

Imos repasar algo que creo e espero que teñades controlado, recordo que nalgún momento en clase xa utilizamos as horas, minutos e segundos para resolver algún problema. Así que alá imos:
Sabemos que:
1 horas é igual a 60 minutos
1 minuto é igual a 60 segundos
  • Se queremos pasar de horas a minutos temos que MULTIPLICAR por 60. 
  • Se queremos pasar de minutos a segundos temos que MULTIPLICAR por 60
  • Se queremos pasar de horas a segundos temos que MULTIPLICAR dúas veces por 60 (Primeiro pasamos a minutos multiplicando por 60 e volvemos multiplicar por 60 para pasar a segundos) ou o que é o mesmo, multiplicamos por 3600.


  • Se queremos pasar de segundos a minutos ( ao revés que antes) DIVIDIMOS entre 60.
  • Se queremos pasar de minutos a horas DIVIDIMOS entre 60.
  • Se queremos pasar de segundos a horas DIVIDIMOS entre 3600 ( ou entre 60 dúas veces).


Póñovos tres vídeos nos que un profe super guay o explica moi clariño:











Agora imos practicar:






CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe póñovos un resumo para que o leades e o utilicedes para facer unha liña do tempo. Tedes unha pista na marxe dereita do documento.


Non me enviedes a liña do tempo, imos seguir traballando sobre este documento.



Ata aquí por hoxe.
Mil millóns de bicos virtuais.💖💖💖💖💖😘😘😘😘😘😘😘😘😘

venres, 29 de maio de 2020

LA ENTREVISTA

Boooos díaaaas!! VENRES! Hoxe vou estar toda a mañá no cole reecollendo todas as cousas quee vos quedaron na clase para entregárvolas ás 13h. Con isto quero dicir que ao mellor estou un pouco máis desconectada peero intentarei estar o máis atenta posible ás notificacións dos comentarios e correos. 
Imos alá, é venres así que toca actividade única.

LA ENTREVISTA

Vamos a entrevistar a una persona que viva con nosotros o que podamos ver y hablar con ella.
En el vídeo de abajo os explica:
  • Cómo poner los nombres de la entrevista.
  • Las partes que puede tener.
  • Consejos para redactar la entrevista.



Deberá tener por lo menos 7 preguntas, si queréis hacerla de 15, podéis. Iba a deciros que en las siete preguntas no contaban las de cómo te llamas, cuántos años tienes y esas fáciles... pero voy a dejarlo bajo vuestra responsabilidad. Me gustaría leer entrevistas divertidas y creativas. Sé que vosostros/as podéis!! 

Os dejo también una entrevista a una escritora famosa, las preguntas que hace el niño están relacionadas con los libros. Si fuese una entrevista a un astronauta tendría preguntas sobre el espacio.



Cuando la tengáis me la enviáis al correo electrónico.

Esto es todo por hoy.
Buen fin de semana!!
Un millón de besos y abrazos virtuales.

xoves, 28 de maio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS E MATEMÁTICAS

Olaaa rapaciños e rapaciñas! Que tal levades a semana?

Antes de comezar quería comentarvos unha cousiña, comprobade nos vosos correos electrónicos que traballos enviástedes e cales non. Onte falando con Teacher comentoume que lle faltaban algúns, mirádeo por fi, sei que o tedes feito porque estades a traballar un montón, así que só tedes que envialo. 
E recórdovos que me faltan por recibir bastantes cápsulas do tempo, moitas das que devolvín xa volveron correxidas (xenialísimo) pero outras ainda non sei nadiña delas, deben andar perdidas ou arderon baixo este sol abrasador ( Quen sabe!).

E despois do tostón póñovos o traballo de hoxe:
 
CIENCIAS SOCIAIS

Imos dar unha volta pola historia.




Como sabedes, a Historia está dividade en Idades.  A idade antiga comeza cando acaba a Idade dos metais e o seu inicio establécese coa aparición da escritura. Nesta Idade xorden as primeiras civilizacións: Exipto, Grecia, Roma.. 
Logo da Idade Antiga, coa caída do Imperio Romano, chega a Idade Media.

Antes de comezar a falar da Idade Media debedes saber que é  moooi longa, durou algo máis de MIL ANOS. 

No seguinte vídeo explícavos 5 cousas fundamentais desta Idade:


Agora collede lápiz e papel e escoitade ben todo o que se di no vídeo, teredes que contestar a unhas preguntas!





1. Cando comeza e cando remata a Idade Media?
2. Que é a monarquía?
3. Que é o feudalismo?
4. Debuxa unha pirámide feudal.
5. Que eran as cruzadas?


MATEMÁTICAS

Esta é unha captura de pantalla da páxina 167 do libro virtual. TODOS, deberíades ter as claves e estar entrando. 
Non hai que copiar os problemas, solo resolvelos.
Hai que facer os exercicios 9 e 11.
SI HAI QUE ENVIARMO. Quero saber se a semana que vén podo pasar de tema, así que non pidades na casa que volo revisen.

Isto é todo por hoxe.
Ata mañáááá.




mércores, 27 de maio de 2020

Ciencias da Natureza, Lengua e Mate

 
Ola queridiños e queridiñas! Como estades??
Maruxa está a piques de rematar 2 máis e listo. ÁNIMO!!
O venres entregarei no cole o material. Libretas, libros e todo aquilo que quedou na clase. Se queda calquera cousa non vos preocupedes que para o ano seguirá alí.

Vamos co traballo de hoxe

Ciencias da Natureza
Comezamos coas propiedades da materia

Este vídeo resume moi ben o esencial deste tema.


Póñovos as imaxes do libro de texto coas que imos traballar:
Páxinas 96,97,98,99,100,101 do libro de Natu



Lede esas páxinas, e facede estas actividades nunha libreta ou nun folio:

1. Define:
  • MASA:
  • BALANZA:
  • VOLUME:
  • METRO CÚBICO:
  • PROBETA:
  • DENSIDADE
2. Cita as propiedades dos sólidos.
3. Cita as propiedades dos líquidos.
4.Cita as propiedades dos gases.


LENGUA CASTELLANA

Los refranes son parte de nuestra vida y nuestra cultura. Conocéis alguno? Dejadlo en comentarios!

MATEMÁTICAS

En matemáticas vamos a resolver unos problemas con unidades de masa, está en el libro de texto, página 163.




Isto é todo por hoxe.
Ata mañááá 




martes, 26 de maio de 2020

ENGLISH AND MATHS

Boooo dííía!!! Que tal estades?

Mandeivos onte un email a moitos coas cápsulas do tempo correxidas.  Cando as teñades voleevédemas mandar. Recordade que deben ser en folio blanco, escritas a man con boli azul ou negro. E deixade as maaarxes!!!

Póñovos a Maru para comezar. Aner, Maruxa espérate!! 

Moitas gracias Andi por darlle visibilidade a Maruxa. 🤣

ENGLISH

Comezo o día co traballo da Teacher Bea.

Pinchade na imaxe para ir ao doc e poder acceder aos enlaces.

E o traballo desta semana son dúas cousas, por un lado mándavos REPASO 1  e por outro unha LECTURA DE MICKEY

Recordade enviarllo ao seu correo electrónico: lopezbeacastro@gmail.com

MATEMÁTICAS

A semana pasada todos me demostrástedes que xa controlábades as medidas de lonxitude. Esta semana imos coas de capacidade e masa.


As escaleiras son as mesas, cambian os metros por litros e por gramos


CAPACIDIDADE

MASA


O método é o mesmo que coa lonxitude, así que confío en que non teñades problema.
Déixovos dúas fichas, a primeira é online, a segunda é un exercicio do libro:

Para comparar medidas sexa de lonxitude, capacidade ou masa teñen que estar na mesma unidade, non podemos comparar cm con km temos que pasalos todos ou a cm ou a km.

O primeiro exercicio xa me chega ao correo e o segundo subirei as correccións.

Isto é todo por hoxe.
Mil millóns de abrazos e bicos virtuais.

BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...