sábado, 4 de abril de 2020

🌈🌈🌈

Daniela envioume este debuxo que fixo para os enfermos do COVID19 do hospital de Lugo. 
Quedoulle precioso, a que si?
Moitas gracias Daniela.
🌈🌈🌈🌈♥️♥️♥️♥️💪💪💪💪😄😄🥰🥰😍😍

venres, 3 de abril de 2020

Obras de arte e +

 Boooo díííía!
Hoxe é o último día do segundo trimestre. Así que deixareivos descansar un pouquiño e rematar as cousas que vos quedan por rematar.

Déixovos un xogo que me tivo entretida gran parte da tarde 😂😂😂 As cousas que non sabía busqueinas (Xa sabedes que non entendo de fútbol e tiven que buscar como se facía un saque de banda 😞) A ver se vós tedes que buscar moitas cousas...

XOGO DA OCA DAS CIENCIAS


Peeeeeero é o momento de estrear en exclusiva , para toooodos os alumnos/as de 5ºb as obras de arte realizadas con materiais que había na casa.
(Os nenos/as que queirades mandalas, sempre serán benvidas)
IAGO




Emilie



MARTA



 NEREA GUERRA


JESÚS


VIOLETA


MARTÍN SAAVEDRA


XOEL


LIS





ANER



ANDI




MARTÍN PICOS


 

ANTÍA



TANIA



DANIELA


LUZ




CLARA 



LUA


 

NEREA PÉREZ



ANDREA



Isto é todo por esta avaliación. Bótovos moito de menos pero estou convencida de que se todos nos quedamos na casa e facemos o que nos din, volveremos a vernos moi pronto.
Disfrutade da Semana Santa, vémonos ou lémonos á volta.
Un milleiro de bicos e abrazos virtuais
😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘




xoves, 2 de abril de 2020



Bo día!!💖💖💖
Que tal? Como estades?

Estou encantadííísima coas fotos dos vosos traballos, cos vídeos dos retos e coas fotos que me enviades nas que saídes traballando 💖💖💖💖
Bótovos moito de menos e esas fotiños danme moita alegría. MOITAS GRACIAS.

Cóntovos outra cousa, mañá venres a última o hora da mañá (sobre as 14.00h) aparecerán as notas do segundo trimestre na aplicación de abalar. Se os papás e mamás non seguen o blog con vós avisádeos por fi.

E agora si, póñovos o traballo para hoxe.


 MATEMÁTICAS
 Imos repasar números decimais coas moedas!

ACTIVIDADES CON DECIMAIS

No enlace encontraredes esta actividade. Ten 4 estacións pero solo faredes 3 delas. A 1, a 2 e a 3. 
A 1 está no caixeiro, a 2 na ventanilla e a 3 no cartel do porquiño.


Cada estación ten 4 actividades. Mirade na parte superior dereita e xa vedes que hai 4 números.


Na segunda estación "SISTEMA COMERCIAL " vaivos aparecer esta táboa 


Se non vos deixa poñer  a cantidade no recadro é porque non é a correcta. Tomádeo con calma e pensaaaade. 😁😁

Na estación 3 (a do porquiño) CONTABILIDAD. No primeiro exercicio vaivos aparecer esta táboa. Que debedes saber antes? Pois que :
Deber é que che quitan diñeiro  (gasto) .  
Haber é que cho dan (ingrésancho).
Saldo: diñeiro que tes.


LENGUA CASTELLANA

En lengua déixovos un repaso dos demostrativos.




Isto é todo por hoxe 💗💗💗💗
Bicos mil e un abraciño virtual.😊😊😊










mércores, 1 de abril de 2020

Ciencias da Natureza.




Bos e frescos días!
Que tal ides? Cansados? Veña ánimo que xa logo chegan as vacacións.

Como sei que o traballo de onte foi algo longo, e moitos aínda non rematastes, hoxe imos poñer actividades nas que tedes que ler pero non escribir.


MATEMÁTICAS

Reto musical. Hoxe a cousa vai de rap. Preparádevos antes, intentade facelo mentalmente, este é moi fácil. Dura 44 segundo despois xa ven a resolución. Parádeo antes!!!




Ciencias Naturais.

Póñovos un enlace que vos vai a levar a páxina de abalar. 


Primeiro vaivos aparecer isto. Dádeslle ao botón verde. Apareceravos unha pantalla co que ides traballar. Lede e dádelle a saltar.




 Unha vez lle deades a saltar apareceravos esta pantalla. Ledes o que di o monicreque. Non fagades trampa dándolle a saltar sen ler, por fi 😝. Despois de ler dádelle a saltar.


Apareceravos esta pantalla. Tedes que facer o das partes do corpo, articulacións, ósos e músculos.


Cando pinchedes en cada apartado vaivos aparecer a explicación. Lédea enteira para despois poder facer os xogos ben. Para xogar pinchade no mando debuxo do mando da consola que hai ao lado da casiña.




Isto é todo por hoxe. 
Bicos mil e un abraciño virtual 💖💖💖💖

martes, 31 de marzo de 2020

Traballo de Inglés

(Houbo un erro no documento que subín onte. Non era do voso curso. Volvede entrar que xa está o documento correcto)
Xa tedes o traballo de Inglés desta semana na caperta de Inglés. O nome do documento é s3 ,(semana 3) 

Carpeta Inglés

Aproveito para decirvos que non vos agobiedes con CC Sociais. Facémolo en varios días!  Non quero que vos doa a man! 🤣
Bicos mil 😘😘😘

Táboa ciencias sociais.


Booooooooo dííía! 💖💖💖

Antes de rematar as clases, en Ciencias Sociais mandeivos facer un traballo por parellas. Como a situación actual é distinta vouvos pedir que o fagades individualmente.
Tedes que facelo de todas as Comunidades Autónomas. En clase repartíramolas porque despois íamos escoitar aos compañeiros, pero ahora non podemos 🤷🏽‍♀️.
Xa sabedes que, cando busquedes a personaxe ilustre, debédesme poñer por que é coñecida, non só o nome. 
Déixovos un documento coa táboa na carpeta de sempre. 

Carpeta de 5b

Déixovos por aquí tamén a imaxe da táboa por se tedes problemas para abrir o word.


Este traballo si que me gustaría velo e correxilo eu mesma. Podedes facelo cubrindo unha táboa no ordenador ou facendo unha táboa a man e sacándolle unha foto. 
Mandádesma ao correo margachaovazquez@gmail.com
E iso é todo por hoxe. 
Un abraciño virtual.

BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...