luns, 27 de abril de 2020

MATEMÁTICAS



Booo día!
Como estades? Que tal a fin de semana? Saíestes airearvos un pouco? É importante facelo ben, con calma e respectando as normas que se puxeron para así volver todos a normalidade.
Pero bueno, imos alá,  primeiro día de cambios, preparados?
Temos a Maruxiña sen acabar, buscade a publicación que a pobre está escasa de partes.
Comezamos con MATEMÁTICAS

PORCENTAXES

VEMOS OS VÍDEOS QUE NOS EXPLICAN QUE SON AS PORCENTAXES



No seguinte vídeo recordamos  como se dividía entre a unidade seguida de ceros (que xa vimos) 10, 100 e 1000.
Logo explícavos as porcentaxes e para acabar como se calculan as porcentaxes dun número.






AGORA IMOS PRACTICAR



A seguinte captura é do libro  virtual. Tedes que facer os exercicios 1, 2, 6 e 7





Recordade que para non ver borrosas as imaxes hai que pinchar sobre elas e deixalas cargar durante uns segundiños. 
Non copiedes enunciados, poñede só "exercicio 1 páxina.."


Como é cousa nova, isto é todo por hoxe. Recibo e aclaro dúbidas en comentarios e en gmail.
Un abrazo virtual 💖💖💖




sábado, 25 de abril de 2020

AVISO






PINCHADE NO ENLACE QUE VOS LEVA A UN VÍDEO NO QUE EXPLICO COUSIÑAS.



CONCLUSIÓN:

1. O LUNS EMPEZAMOS A DAR NOVOS CONTIDOS.
2. OS TRABALLOS QUE MANDE ENTREGAR SERÁ OBRIGATORIO ENTREGALOS. (PARA QUE CHEGADO O CASO PODA POÑERVOS NOTAS)
3. ENTRADE NOS BLOGS DE MÚSICA E EF PARA SABER AS ACTIVIDADES DESAS MATERIAS.
4. VOU SEGUIR PUBLICANCO NO BLOG DIARIAMENTE. QUEN QUEIRA PODERÁ IR IMPRIMIR AS FICHAS PERO NON É NECESARIO IMPRIMILAS.
5. ESTAR PENDENTES DE ABALAR.




O LUNS PUBLICAREI SOBRE AS 11 PARA QUE TODOS PODAN VER ESTA PUBLICACIÓN


venres, 24 de abril de 2020

RECOMENDA UN LIBRO V



E chegou o final, os dous últimos! Que ben o pasei lendo as vosas recomendacións e buscando máis información sobre elas.
Veña as dúas últimas que son de dous amigos da alma.

Alejandro fálanos de habitantes terrestres xa desaparecidos. Siii, falamos de El mundo de los dinosaurios. Eu son da opinión de que por moito que sepamos deles nunca sabremos o suficiente, así que, toodos a lelo.

 


Grazas Álex 💛


Martín Picos decántase por unha historia de aventuras que nos vén como anel ao dedo porque a cousa vai de piratas e mar, e nós que somos? Mariñeeeiros.  Ademáis nos tempos que corren, que bonito será ler este libro no que un xornalista da noticias bonitas.


Grazas Martín 💛


E estas son as recomendacións da semana do libro. 
Houbo algún que vos chamara taaanto a atención que estades desexando facervos con el? Contádemo 😊
Un bico virtual a todos 💗💗💗💗 e graciñas aos que participastedes 😍😍😍



Lingua Galega + Inglés



BOOOS DÍÍÍÍAS!! (Hoxe non hai conto na B 😉)

Como a actividade de Maruxa se nos fixo longa para unha mañá, seguimos hoxe, parécevos?  Así seguimos practicando os adxectivos en todos os seus graos.

Ademais sei que estades a porlle moitas cores aos folletos e iso leva o seu tempo!

Dito todo isto, a actividade de hoxe é curta. Unha comprensión lectora en galego e uns exercicios doadiños.

Pero antes póñovos a actividade de Inglés. Ten o nome "Semana del libro" 


Aí vai, xa sabedes non é necesario copiar os enunciados, nin as preguntas, só poñede as respostas nun folio ou na libreta.


Avisade aos pais e nais que miren as mensaxes de abalar.
Isto é todo por hoxe. O luns máis e mellor. 
Se tedes preguntas estarei encantada de contestar.
Un abrazo virtual 💖💖💖

xoves, 23 de abril de 2020

MARUXA E MATEMÁTICAS



Bo dííía! 
Que tal estades?
Estes días de confinamento a miña cabeza non para de pensar e acordeime de Maruxa, vós acordádesvos da actividade? 
Podíamos facer unha "Maruxa especial confinamento". Que vos parece? Temos que estar todos dacordo porque é necesario que participemos, tanto por comentarios como por correos electrónicos (As instruccións que me cheguen por correo electrónico poñereinas eu nun comentario).
Explícome, podemos ir facendo unha Maruxa con instruccións que vaiamos dando ao longo da mañá/tarde. Irémonos  nominando como nun reto, así seguimos unha orde. 
Por exemplo, comezo eu: MARUXA TEN A CABEZA REDONDA E TAN GRANDE COMO A ROTONDA DA ENTRADA DE VILALBA. (Nomino a Andrea) Agora Andrea tería que inventar outra parte do corpo. Cada un de nós iría debuxando a súa Maruxa na casa e despois ensinaríamos os resultados. Que vos parece, intentámolo?


Por outro lado déixovos un pouco de repaso de matemáticas

Isto é todo por hoxe.
Un abrazo virtual 💖💖

RECOMENDA UN LIBRO IV



Cuarta entrega de Recomenda un libro! 
Imos alá:


Empezamos con Nerea Guerra que nos recomenda un LIBRAZO. Así, en maiúsculas. A historia de Harry Potter é lectura obrigada, desde o primeiro ata o último. Porque si, porque o digo eu e porque son moi fan (😍). É unha saga que nos fai vivir. Nerea explícanos moi ben os motivos polos que deberiades caer na tentación. 



Grazas Nerea 💛

É o momento de Lis, que nos recomenda Judy Moody está de muy mal humor. O primeiro día de cole sempre é un pouco difícil, non? Pero non creo que o seu compañeiro fose tan pesado, ou si? Habrá que lelo para opinar. Lis cóntanos tamén que a recomendación é múltiple, que existen varios libros na colección, e vaia se hai! Coa recomendación de Lis podemos entreternos e divertirnos con Judy un bo anaco! Que marabilla!


Grazas Lis 💛

Vero tráenos unha recomendación que parece super cuqui. Trátase de Lady Pecas: locura lejos de casa.  Só co que nos conta Vero do libro, xa temos dous motivos importantísimos para poñelo en lista de libros pendentes.  O primeiro motivo é que hai cachorriños (pequeniños e cuquis) e o segundo é unha lección valiosísíma, que traballando xuntos podemos conseguir todo o que nos propoñamos! 
Grazas Vero 💛

Nicolás recoméndanos un libro que poderíamos definir como... espectacular? Creo que si. Trátase de La puerta de los tres cerrojos. Sempre que se fala de física cuántica eu quedo algo pasmada. Pero coa recomendación de Nico parece que podemos entender un pouco máis. Estou segura de que algúns de vós xa estades desexando facervos con el!

Grazas Nico 💛




Pensabades que as ía poñer todas hoxe? Penseino, para ser sincera, pero logo pensei que, se Star Wars ten 11 películas, o Recomendo un libro de 5ºB debe ter polo menos 5 partes.
Isto é todo por hoxe,  💖💖
Mañá máis!!
(Os que aínda non me enviástedes a recomendación, tedes ata hoxe as 22:00h, sen presas pero sen pausas mariñeiros)

Un abrazote virtual.😍😍😍


mércores, 22 de abril de 2020

Lengua Castellana


Booo dííía! 
Que tal estades? 
O traballo de hoxe volve a ser de pensar. Como me gusta que pensedes!
Aí vai...



¿Qué tenéis que hacer? Primero contestar a las dos preguntas de la imagen y luego a pensar.

Tenéis que hacer un folleto publicitario de un lugar que os guste mucho. Puede ser Vilalba, Lugo, Madrid, Berlín, Brasil...
1º Elegid el lugar
2º Haced el esquema de lo que va a poner el folleto ( Os dejo un ejemplo de un esquema, los puntos que debe tener como mínimo).


3º Elegid los colores con los que vais a escribir y colorear. (Los colores hacen la vida más divertida)
4º Empezad a hacer el folleto, siguiendo un orden como en la primera imagen. Añadid dibujos de lugares, o fotos si lo hacéis en el ordenador. Yo prefiero que esta vez lo hagáis a mano, pero podéis elegir. 
5º Si queréis y podéis me lo enviáis. Estaré encantada de leer sobre vuestros lugares favoritos.
Ah! Y si queréis inventaros uno pues, ¡Viva la imaginación!

Esto es todo por hoy.
Un abrazo virtual 💖💖💖

BO VERÁN

VIERNES! Bueno, meus queridos e queridas nenos e nenas de 5ºB. Hoxe péchamos a porta do curso 2019/2020. Non foi o curso que esperabamos, qu...